Infantil e Primaria

DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

En  Educación Primaria destacamos o valor da paz fronte as guerras e as pelexas. Por iso, o alumnado colaborou creando un mural representativo dos valores que perseguimos neste 30 de xaneiro; todo acompañado dunha bibliografía especial que aXUDA aos nenos e nenas a comprender a problemática dA guerra e o valor da non violencia e paz.

DÍA INTERNACIONAL DA TERRA

As nenas e nenos de Educación Infantil en colaboración coas familias, enviáronnos fotografías das súas hortas, xardíns e plantas coas que poder achegarnos un pouco máis ao exterior, á primavera e á natureza. Con elas desexámosvos feliz 22 de abril Día Internacional da Terra!

No seguinte enlace poderedes ver as hortas dos nosos cativos.

 

TEATRO EN INGLÉS

                            

                                                                                                                                                             

O pasado luns o alumnado de Educación Infantil e Educación primaria asistiu a unha sesión de teatro en Ingles no salón de actos do noso Centro:               

  • STORY TELLING TIME: Alumnado de Educación infantil e 1º. 2 e 3º de Educación Primaria.

É a historia de superación de Toby, un canciño que só ten tres patas e que se ten que enfrontar a un campionato de talentos con diferentes probas.  Conta co apoio e a axuda dos seus amigos, Lizzie, Book e de todos nós.

  • A CALL TO ADVENTURE:  Alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Valerie é unha nena de 11 anos que chega a un mundo máxico a través dun libro, no que terá que axudar a recuperar os cornos de Koza, un monstro malvado, se quere voltar ao seu mundo. O desenlace sorprendeunos

Concurso de sombreiros

Co gallo do entroido, os nenos e nenas do CPI Antonio Orza Couto participaron neste creativo concurso de sombreiros.

Contos de medo

Queredes pasar un rato de entretemento "terrorífico"?

Convidámosvos a ler os contos que crearon @s alumn@s de 5º de Educ. Primaria (curso 2013-2014).

Premede na imaxe, sen medo... ;-)

 

 

COGOMELOS NO ORZACOUTO

Tagged:  

  O alumnado de 5º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto foi ao campo para facer unha    recollida de COGOMELOS.

  AQUÍ TEDES O RESULTADO: "COGOMELOS 2013"

 

 

 

 

4º de Primaria coas Letras Galegas

Tagged:  

Con motivo da celebración no noso centro da Semana Cultural o alumnado de 4º de Primaria baixo a batuta das suas titoras, as profesoras Mari Carmen Midón e Marisa Lodeiro, e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboraron este vídeo adicado a Vidal Bolaño como conmemoración do Día das Letras Galegas 2013, día a quen se lle adicou a este escritor.

VER VÍDEO

 


REPASAMOS CONTIDOS DE LINGUA CON EDILIM

Os/as alumnos/as de 4º de Primaria, seguimos repasando coa pizarra dixital.

Compartímolo con todos vós!

REPASAMOS CONTIDOS DE COÑECEMENTO CON EDILIM

Estos días, os/as alumnos/as de 4º, estamos aprendendo como son as cousas e como cambian. Repasamos o aprendido con este libro LIM.

Compartímolo con todos vós!



PRACTICAMOS COAS UNIDADES DE MEDIDA - 4º PRIMARIA

Este curso os/as alumnos/as de 4º de Primaria estamos usando na aula de informática a "PIZARRA DIXITAL" para repasar os contidos dados. Estes días estivemos repasando as unidades de medida en matemáticas. Compartímolo con todos vós!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013