O ENDL súmase á convocatoria da Plataforma Queremos Galego. Este 17 de maio defendemos o galego desde xanelas e varandas
Todo o día: Pendura a bandeira galega da túa xanela ou varanda e os cartaces disponíbeis aquí (tamén para pintaren as nenas e nenos) Ás 12h: Maniféstate nas redes con mensaxes escritas, vídeos, fotografías, audios… utilizando as etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio #Eufalogalego Ás 13h: Sae á xanela a cantar: A fala (letra: Manuel María; música Uxía- Sérgio Tannus). |
Dinamización da Lingua Galega
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A FIGURA DO APALPADOR
CORRELINGUA 2019
O alumnado de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 3º de Educación Secundaria, participou no CORRELINGUA, marcha a favor da lingua galega, que se celebrou en Santiago de Compostela o luns 6 de maio. Os nosos rapaces non voltaron para Boqueixón coas mans baleiras, xa que gañaron un dos premios ao mellor cartel e animación. Parabéns a tod@s! E xa sabedes: "O galego é a fórmula!" Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro. Velaquí as ligazóns para acceder ás noticias sobre este evento publicadas na prensa: |
XI CONCURSO DE POESÍA "SENTIR EN GALEGO"
Dende o centro queremos que explotedes a vosa vea poeta. Para iso, dende o equipo de dinamización da Lingua Galega, ponse en marcha un ano máis o concurso de poesía "Sentir en Galego". Data límite de presentación: 3 de maio Para maior información, premede no documento adxunto. Animádevos a participar!!! |
V CONCURSO DE CURTAMETRAXES "NON TE CORTES NO FORTE"
Un ano máis o CPI Antonio Orza Couto, davos a Todos aqueles que estedes interesados en participar, clicade no documento adxunto para acceder ás bases do concurso. Animádevos!! O equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega Ilustración gañadora do cocurso de debuxo Sentir en Galego: Valentina Galdino Di Yelsi (4º ESO) |
CONCURSO DE DEBUXO SENTIR EN GALEGO
Buscamos o logotipo para a XI edición do Concurso de Poesía “Sentir en galego” A temática deste ano fará referencia aos Xenerais do Ulla. Animádevos a participar, clicade no documento adxunto para acceder ás bases do concurso ORGANIZA: Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega |
V CONCURSO DE CURTAMETRAXES "NON TE CORTES NO FORTE!"
O noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega convídavos a participar nunha nova edición do concurso de curtametraxes Consultade as bases aquí. O prazo para presentar as vosas curtametraxes remata o venres 13 de abril. Mostrádenos o voso bo facer no mundo audiovisual en 3... 2... 1... ACCIÓN! |
X CONCURSO DE RELATO E POESÍA "SENTIR EN GALEGO"
SENTIR EN GALEGO |
Xa está en marcha o concurso de relato e poesía "Sentir en Galego" No documento adxunto tedes as bases. Animádevos a participar!!!! |
YOUTUBEIR@S
Os premios Youtubeir@s teñen como finalidade a incentivación da creación e difusión de vídeos de opinión e videotitoriais en lingua galega, así como a súa promoción e visibilización a través da rede. Podedes consultar as bases aquí. Animádevos a participar! |
CONCURSO "POSTAL DE NADAL"
Se queredes participar no concurso "Postal de Nadal" organizado polo noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega, podedes consultar as bases aquí. Animádevos a presentar as vosas creacións antes do 9 de decembro! |
EXPOSICIÓN: Fotografías de outono
Para colaborar nesta exposición de fotografías só tedes que traer unha foto do outono feita por vós de calquera monte, río, animal, paisaxe, etc., que represente esta estación. Debaixo da foto escribide unha frase que a describa. Todas as imaxes recibidas ata o 1 de decembro serán expostas no centro. PARTICIPA!! *Podedes entregar as fotografías a calquera membro do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega. |
PREMIADOS NOS CONCURSOS DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
Xa está publicado no blog do Equipo de Normalización e Dinamización do centro, a relación de premiados nos seus concursos.
Parabéns para todos os gañadores e gañadoras!! https://sites.google.com/site/endlantonioorzacouto/iii-concurso-sentir-en-galego |