CORRELINGUA 2019

Logo

O alumnado de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 3º de Educación Secundaria, participou no CORRELINGUA, marcha a favor da lingua galega, que se celebrou en Santiago de Compostela o luns 6 de maio. 

Os nosos rapaces non voltaron para Boqueixón coas mans baleiras, xa que gañaron un dos premios ao mellor cartel e animación.

Parabéns a tod@s! E xa sabedes: "O galego é a fórmula!"

Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

Velaquí as ligazóns para acceder ás noticias sobre este evento publicadas na prensa:

- La Voz de Galicia

- El Correo Gallego 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013