Educación Física

PRIMEIROS AUXILIOS, UN COÑECEMENTO QUE PODE SALVAR VIDAS

Tagged:  

     O alumnado de ESO participou, un ano máis, na actividade de Primeiros Auxilios organizada polo Departamento de Educación Física do noso centro en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Boqueixón.

     Somos conscientes da importancia e da utilidade de ter uns coñecementos básicos sobre primeiros auxilios para poder actuar en caso de que se presente algunha situación de emerxencia, xa que alguén que posúa os coñecementos oportunos é capaz de conservar a calma e axudar á persoa accidentada con rapidez e efectividade.

     Aínda que moitas veces non o pensamos, o primeiro minuto tras un accidente pode marcar a diferenza entre a vida e a morte de alguén. É por iso que este tipo de formación é clave.

     Os contidos (teóricos e prácticos) impartidos foron os seguintes:

     - Protocolo PAS (Protexer-Avisar-Socorrer).

     - Funcionamento do Centro de Emerxencia Sanitaria (112).

     - Realización dunha masaxe cardíaca (Reanimación cardio-pulmonar).

     - A manobra de Heimlich, no caso dun atragoamento con obstrución das vías respiratorias.

     Velaquí unha mostra en imaxes das actividades levadas a cabo:

5 DE XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Tagged:  

Hoxe día 5 de Xuño, celébrase o día mundial do Medio Ambiente. Dende o Departamento de Educación Física queremos compartir con toda a comunidade educativa o noso interés pola valorización, defensa e coidado do Medio Ambiente.

Despois destes difíciles meses, cobra especial importancia a defensa e coidado do noso entorno natural. O alumnado da ESO participou e elaborou uns pequenos vídeos onde, de maneira clara e as veces apaixoada, defende e pon en valor o seu entorno natural dende unha dobre perspectiva: O seu coidado e o aproveitamento para a práctica deportiva.

Esperamos que disfrutedes deste traballo.

Esperamos que disfrutedes deste traballo.

POLA NATUREZA!!!!!!!

https://youtu.be/y7oO2oeL3ZM

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Tagged:  
    Una correcta clase de Educación Física, según mi ideal. - MOVE  

O pasado 28 de abril celebrouse o día da educación física na casa. Os alumnos e alumnas do noso centro demostráronnos coas suas fotos que tamén podemos permanecer activos nas nosas casas.

Este é o vídeo que elaborou Pilar coas vosas aportacións

Xa queda menos!!!


 

EDUCA FÍSICA FORTE

Tagged:  

                       

   "Pasión por enseñar a disfrutar de la Actividad Física"

 

Aquí podréis encontrar todo lo que pasa en nuestras clases y fuera de ellas.

Espero que os guste y espero contar con vuestra colaboración (que subirá nota en la parte de actitud e interés por la asignatura).  

¡Gracias a todos y todas!

Preme aquí para acceder ao blog de Educación Física.         

VIDEOS DE ACROSPORT

Tagged:  

VIDEOS DE ACROSPORT

 

VIDEOS DE ACROSPORT

Tagged:  

VIDEOS DE ACROSPORT

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013