PRIMEIROS AUXILIOS, UN COÑECEMENTO QUE PODE SALVAR VIDAS

Tagged:  

     O alumnado de ESO participou, un ano máis, na actividade de Primeiros Auxilios organizada polo Departamento de Educación Física do noso centro en colaboración co departamento de Deportes do Concello de Boqueixón.

     Somos conscientes da importancia e da utilidade de ter uns coñecementos básicos sobre primeiros auxilios para poder actuar en caso de que se presente algunha situación de emerxencia, xa que alguén que posúa os coñecementos oportunos é capaz de conservar a calma e axudar á persoa accidentada con rapidez e efectividade.

     Aínda que moitas veces non o pensamos, o primeiro minuto tras un accidente pode marcar a diferenza entre a vida e a morte de alguén. É por iso que este tipo de formación é clave.

     Os contidos (teóricos e prácticos) impartidos foron os seguintes:

     - Protocolo PAS (Protexer-Avisar-Socorrer).

     - Funcionamento do Centro de Emerxencia Sanitaria (112).

     - Realización dunha masaxe cardíaca (Reanimación cardio-pulmonar).

     - A manobra de Heimlich, no caso dun atragoamento con obstrución das vías respiratorias.

     Velaquí unha mostra en imaxes das actividades levadas a cabo:


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013