Novidades

CELEBRACIÓNS NA BIBLIOTECA

Tagged:  
"Na biblioteca despedimos o mes de outubro con importantes celebracións!"


O Departamento de Galego brindounos con un magnífico traballo realizado polo alumnado do 1º e 2º da ESO para celebrar o Día das Escritoras e o  Día das Bibliotecas. Trátase de unha selección de portadas de libros das escritoras galegas coas sinopses. O libro-catálogo está en exposición na entrada da nosa biblioteca, onde pode ser manipulado.  Agora será máis fácil escoller un exemplar! 

Agardamos que gocedes moito co novo catálogo e xa sabedes, vémonos na biblio!

ENTREGA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA

Tagged:  

O pasado luns, 26 de setembro organizouse un acto para premiar o traballo desinteresado do grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca do noso prezado colexio.

Nun ambiente acolledor e festivo, o director do CPI Antonio Orza Couto, Ángel Manuel Maciñeiras, e a coordinadora do equipo da biblioteca, Renata Balsamo, entregaron ao alumnado un diploma e un agasallo como xesto de agradecemento ao seu labor desinteresado no último curso.

As palabras do noso director, ademais de felicitar os homenaxeados e homenaxeadas, recoñecían a súa valiosa colaboración, alentando aos demais alumnos  e alumnas a unirse ao equipo de voluntarios. 

O alumnado do grupo de Oratoria súmase a esta felicitación deixando aquí o seu testemuño escrito e fotográfico.

TETTAMANCY:"QUE FAGO EU EN BOQUEIXÓN?"

Tagged:  

Logo de semanas de traballo, presentámosvos o resultado do proxecto realizado por alumnado de 3º da ESO sobre a figura de Francisco Tettamancy Gastón e a relación que atopamos entre este autor e Boqueixón. O proxecto estivo coordinado pola profesora de Lingua Galega, Marifé Pérez García e pola coordinadora do equipo de dinamización da Biblioteca, Lina Mª González López.

Aproveitamos tamén para darlle as grazas á veciñanza de Lestedo e a Rocío Liñares por cedernos desinteresadamente os traxes de xenerais.

Velaquí tedes o resultado!

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS

Tagged:  

Aquí tedes as gañadoras do Concurso de Microrrelatos ¡Sea breve, por favor!:

Uxía Verde Gómez por "Amor"

Nerea Mareque Vázquez por "El pozo"

Aldara Prado Giadás por "Una visita inesperada"

A entrega de premios terá lugar na Biblioteca este venres, día 6 de maio, durante o primeiro recreo. Non dubidedes en pasar por alí.

Noraboa ás premiadas e a todxs xs participantes!

ACTIVIDADES LITERARIAS PARA ABRIL!

Tagged:  

Chega o mes de abril e con el unha chuvia de actividades literarias para conmemorar o Día do Libro.

Ademais das propostas que faremos por clase, queremos propoñervos algunhas actividades para as que pedimos a vosa colaboración: 

  • En primeiro lugar queremos que vos convirtades en "booktubers" e nos enviedes un vídeo ao correo da biblio (bibliotecaforte@gmail.com) recomendando un libro e explicando que é o que ten que o fai tan especial. Recompilaremos os vídeos e publicarémolos durante a Semana do Libro para que poidades descubrir novas lecturas.


  • Que o teu non é o vídeo? Non importa, tamén podes enviar unha foto artística do libro que queiras recomendar e explicar os motivos da túa escolla. Pode ser a través do correo anterior ou do Instagram co hashtag #amiñalecturarecomendada e etiquetándonos (@biblioforte)


  • Se o que che gusta é escribir, tamén temos actividades para ti! Podes participar no concurso de microrrelatos en lingua castelá que organizamos para o alumnado de Secundaria.  Podedes consultar as bases no noso blog ou ben no noso Instagram.

Animádevos, tedes ata o 20 de abril!

VIAXAMOS COA BANDA DESEÑADA

Tagged:  

Recibimos con todos os honores a maleta viaxeira de banda deseñada. Voluntarias da biblioteca estiveron colocando todos os exemplares para que os poidades mirar con calma e desfrutar Guiño

Lembrade que só estará con nós ata o 19 de abril, así que apurade a levar as vosas eleccións!

PREPARANDO O ESPAZO CREATIVO!

Tagged:  

Esta semana rematamos de montar o croma que formará parte do espazo creativo que estamos a preparar na sala de lectura "Carlos Casares" do edificio de Secundaria. 

Con isto xa temos todo o equipo para facer unhas fabulosas creacións audiovisuais. A crear!

 

GAÑADORES/AS DO CONCURSO "QUEN É ELA?"

Tagged:  

Aquí tedes aos flamantes gañadores/as do concurso "Quen é ela?":

Ángela Liñares (3º ESO)

Lara Couto (1º ESO)

Miguel Ángel Neira (1º ESO)

A entrega de premios terá lugar na biblioteca de Secundaria este luns, 14 de marzo, durante o segundo recreo.

O resto de participantes pasádevos tamén porque teremos un detalliño para vós, non o perdades!

Noraboa!

CONCURSO "QUEN É ELA?" PARA CELEBRAR O 8M

Tagged:  

Celebramos este 8 de marzo visibilizando a mulleres que destacan en todo tipo de ámbitos. 

Mira as descricións que hai colgadas diante da biblioteca de Secundaria e intenta unilas coas imaxes e os nomes que tedes polos corredores para descubrir quen se agocha tras cada descrición.

Pide a túa plantilla na biblioteca e despois de cubrila entrégalla á persoa que estea de garda na biblioteca. 

Tedes ata o xoves 10 de marzo e os tres primeiros terán premio, así que apurade! 

DÍA DE ROSALÍA

Tagged:  

Desde a biblio queremos celebrar o Día de Rosalía como se merece. Mirade que decoración tan fabulosa na sección de Infantil e Primaria!

 








En Secundaria tamén temos unha decoración especial e uns poemas creados polo alumnado baseados na obra de Rosalía. 

 
Pasade a descubrilos!
 







UN 14 DE FEBREIRO CHEO DE AMOR, CARTAS E LECTURA

Tagged:  

Este ano o centro volcouse na celebración de San Valentín. O alumnado de 1º da ESO confeccionou uns corazóns cheos de poesías románticas de variados autores que tod@s puidemos desfrutar diante da Biblioteca:



Ademais o equipo da biblioteca seleccionou lecturas de todos os xéneros relacionadas co amor e a amizade:

 
E toda Secundaria esperaba recibir algunha carta do buzón do amor e a amizade. Un día para celebrar!
 

DÍA DA ILUSTRACIÓN E DÍA DE CASTELAO

Tagged:  

Neste 30 de xaneiro celebramos o Día de Castelao e o Día da Ilustración. Diante da biblioteca de Secundaria tedes unha selección de títulos que seguro vos resultarán moi interesantes. Pasádevos a desfrutalos!

MALETAS VIAXEIRAS NO CAMIÑO

Tagged:  

Xa están en marcha as maletas viaxeiras do Camiño de Santiago en Infantil. Velaquí tedes unha pequena mostra. Moi boa viaxe!!

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS

Tagged:  

Desde a biblioteca queremos informarvos de que un ano máis o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.

O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.

Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida

25-N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  

Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de xénero, todo o centro adicamos varias semanas do mes de novembro a traballar e a concienciar sobre este tema. Gran parte das actividades xiraron arredor do libro de Yolanda Neira "Alén loita e acariña" en todos os cursos e consistiron en análise das ideas, charlas, traballo con curtametraxes e cancións relacionadas coa violencia de xénero, lecturas de contos... O alumnado de Infantil participou ademais no contacontos Arturo e Clementina.

O alumnado voluntario da biblioteca elaborou un panel onde se recollían datos relativos á violencia de xénero no noso país, na Unión Europea e no mundo. Este panel completouse con unha exposición de libros seleccionados con esa temática, cos que estiveron traballando durante a semana.

Todo este traballo reflexouse nun acto celebrado o día 25 e presentado por alumnado voluntario da biblioteca, onde todo o centro se xuntou para alzar as nosas mans violetas e berrar o lema recollido no libro: "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!". Logo houbo unha lectura de lemas e poemas acompañados da actuación musical de Marina Vidal, exalumna do centro e Mario Barral de 3º da ESO, co que se puxo o broche final a ese día de reivindicacións. Poderedes ver un resumo pinchando na seguinte ligazón.

NIN UNHA MENOS!!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013