Onte día 24 conmemoramos o Día das bibliotecas. Para celebralo, no día de hoxe o alumnado de Infantil e de 3º da ESO visitamos a Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón para realizar con eles algunhas actividades de animación á lectura.
Ademais, desde a biblioteca queremos compartir con vós diversos recursos onde poderedes consultar fondos online de arquivos de institucións, históricos... que non son de doada consulta en formato físico.
Catálogos Biblioteca Nacional de España
Hispana. Aquí atoparedes coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.
Biblioteca Dixital de Galicia
Europeana. Aquí atoparedes todo tipo de fondos organizados por temáticas.
Minerva. Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.
Biblioteca Virtual Galega
Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego
Orella pendella. Páxina de difusión da literatura popular infantil de Galicia
Disfrutádeos e pasade un feliz día!