ALUMNADO : 2º ESO DATA: 15 de xaneiro HORA: DE 16:25 a 17:15 |
Todo o centro
ENCONTRO LITERARIO CON SONIA MIRÓN (2º ESO)
TALLER SOBRE A PREVENCIÓN DO CONSUMO DE ALCOL E DROGAS (2º ESO)
O alumnado de 2º de ESO vai participar nun taller sobre a prevención do consumo de alcol e drogas. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levarase a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 15 e 29 de xaneiro e 12 e 19 de febreiro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS (4º E 5º EDUCACIÓN PRIMARIA)
Os vindeiros días o alumnado de 4º e 5º curso de Educación primaria participará no Obradoiro de Habilidades Sociais "ConVIVE" impartido polo Servizo de prevención de condutas adictivas dos Concellos de Boqueixón, Teo e Touro, coa colaboración da Consellería de Sanidade.
|
CONCERTO DE ALUMN@S
Concerto de Nadal Data: 20 de decembro Hora: A partir das 12:15 Lugar:Salón de Actos Imos disfrutar do concerto de Nadal do alumnado de Secundaria. Estades todas as familas convidadas a presencialo. Pasaremos un bo rato. Animádevos a asistir!!! |
PRÍNCIPAS E PRINCESOS. OS CONTOS DE PABLISIMO. (EDUC. INFANTIL E PRIMARIA)
Data: 18/12/2019 Hora: A partir das 12:00 Alumnado: Infantil e Primaria
Espectáculo que trata a narración oral e a manipulación de obxectos. Unha sutil e divertida reflexión sobre a IGUALDADE e sobre a loita contra a violencia de xénero. |
TEATRO: "LA BODA DE LA PULGA Y EL PIOJO" (EDUCACIÓN INFANTIL)
O pasado 18 de novembro o alumnado de Educación Infantil asistiu á obra de teatro "La boda de la pulga y el piojo" coa compañía andaluza La gotera de Lazotea na Fundación SGAE. Pasárono en grande!! |
TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS (6º EDUCACIÓN PRIMARIA)
O alumnado de 6º estivo a participar no Taller de Habilidades Sociais (todos os xoves do 7 ao 28 de novembro) impartido por Yolanda Neira, psicóloga do Concello de Boqueixón. Nel traballáronse diferentes estratexias de comportamento e pautas para desenvolver unha correcta convivencia entre iguais. O 22 de novembro estes mesmos alumnos foron protagonistas do Pleno Infantil do Concello de Boqueixón onde expuxeron cada un dos dereitos dos/das nenos/-as. |
CHARLA-CONFERENCIA SOBRE A OBRA "UNHA MATANZA ESQUECIDA" (3º E 4º ESO)
|
O martes 5 de novembro o profesor de Xeografía e Historia, natural deste municipio, Severino Fernández Abel, impartiu unha charla ao alumnado de 3º e 4º de ESO sobre o Carlismo, co gallo da publicación do seu libro Unha matanza esquecida. Gastrar e Vigo (Boqueixón). Historia dun escarnio durante a primeira guerra Carlista. Nela o autor fai unha investigación a partir da transmisión oral do seus antepasados. Grazas Severino por ilustrar ao noso alumnado. Algún deles con antepasados familiares entre as víctimas. |
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
- Equipo de dinamización da biblioteca "Xosé Neira Vilas" (CPIP Antonio Orza Couto) -
E velaquí tedes a creación do noso alumnado para que a poidades desfrutar:
VISITA AO AQUARIUM, DOMUS E CASA DAS CIENCIAS (1º E 3º ESO)
O día 12 de novembro o alumnado de 1º e 3º de ESO visitou os museos coruñeses: Aquarium Finisterrae, Domus e a Casa das Ciencias. Esta actividade estivo organizada polos Departamentos Didácticos de Bioloxía e Xeoloxía e Física e Química. |
TALLER DE HABILIDADES E COMPETENCIAS SOCIAIS (1º ESO)
O alumnado de 1º de ESO estivo a participar nun taller sobre habilidades e competencias sociais. Esta actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial do centro e levouse a cabo nas catro sesións de Titoría que se indican a continuación. Datas de celebración: 23 de outubro, 13 de novembro e 11 e 16 de decembro. Impartido por: Yolanda Neira (psicóloga do Concello de Boqueixón) |
TALLER DE DIVULGACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL (6º Educ. Prim.)
O día 17 de outubro, o alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu a un taller sobre Divulgación da industria forestal, co que se pretendeu levar ás aulas a importancia e as vantaxes da industria forestal e contribuír a unha concienciación do alumnado na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica innovadora e moderna. Impartido por ASEFOGA. Proxecto financiado pola Axencia Galega da Industria Forestal e en colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Rural (ÓDEGA) |
PROGRAMA "COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS" (1º E 2º ESO)
|
O martes 22 de outubro o alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para participar no programa financiado pola Consellería de Educación "Coñece as túas institucións" visitando o Parlamento e a Xunta de Galicia. Actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »