Todo o centro

RECOMENDAMOS LECTURAS PARA O 23 DE ABRIL

Estámonos achegando ao Día do Libro e desde a Biblioteca queremos pedir a vosa colaboración para elaborar unhas recomendacións lectoras moi especiais.

Trátase de que cadaquén faga unha aportación no muro que tedes a continuación recomendando un libro que vos gustase e explicando brevemente as razóns polas que o suxerides.
Podedes incluír o voso nome pero non é necesario. Lembrade que só tedes que facer doble click e xa se abre o panel onde escribir.
Animádevos, contamos con vós!!

Hecho con Padlet

VIII ENCONTRO DE ALUMN@S DE MÚSICA DE SECUNDARIA DE GALICIA (2ºESO E 4ºESO-MÚSICA)

Tagged:  
30.04.2019
Europe/Madrid

O noso alumnado de 2º de ESO e 4º de ESO (Música) participou nunha nova edición do Encontro de Alumn@s de Música de Secundaria de Galicia, organizado por ASOMÚSICA (Asociación de Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia).

Nesta ocasión o encontro, no que participaron 15 centros de toda Galicia, tivo lugar no auditorio Abanca de Santiago de Compostela, onde cada instituto interpretou un ou dous temas e participou en diversos obradoiros con temática musical.

Ademais, este ano o cartel que promocionou o evento foi deseñado polos alumnos de 4º de ESO Brais Fernández Copons e Alejandro García Bendaña, cuxa proposta foi seleccionada entre os traballos creados para a ocasión en Educación Plástica, baixo a supervisión da profesora Ana González.

DANZA (É) CINE (3º E 4º PRIMARIA)

Tagged:  
29.04.2019
Europe/Madrid
Imagen relacionada

ESPECTÁCULO: DANZA (É) CINE

Data: luns 29 de abril

Hora: 12:00

Lugar: Auditorio de Galicia

Alumando asistente: 3º e 4º de Primaria

Un espectáculo didáctico, no que participan 4 bailaríns / bailarinas e que propón que o alumnado participante explore as relacións expresivas e narrativas dos números de danza de distinta tipoloxía en filmes de distintas épocas.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO PARQUE "PENA AVENTURA", PORTUGAL (4º ESO)

Tagged:  
09.04.2019
11.04.2019
Europe/Madrid

O alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de practicar diversas actividades deportivas no parque "Pena Aventura", situado a escasos quilómetros de Ribeira de Pena (Portugal).

Ademais de poder dar renda solta ao seu lado máis aventureiro, os/as alumnos/-as estiveron en contacto directo coa natureza nun entorno único.

SAÍDA DIDÁCTICA A GUIMARAES. PROXECTO TERRA (2º E 3º ESO)

Tagged:  
04.04.2019
05.04.2019
Europe/Madrid
Resultado de imagen de GUIMARAES

O alumnado de 2º e 3º de Educación Secundaria  participou nunha saída didáctica a Guimaraes, incluída dentro dos intercambios territoriais organizados polo PROXECTO TERRA en colaboración coa Consellería de Educación e coordinado polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xegografía e Historia.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL (3º ESO)

Tagged:  
27.03.2019
Europe/Madrid

O mércores 27 de marzo, o alumnado de 3º de ESO participou nun obradoiro de educación afectivo-sexual.

Esta actividade está recollida dentro do programa Quérote Máis, da Consellería de Política Social, co obxectivo de asesorar e informar á nosa xuventude sobre temas fundamentais para o seu desenvolvemento e crecemento persoal.

TEATRO EN INGLÉS NO CPI ANTONIO ORZA COUTO (EDUC. INFANTIL E EDUC. PRIMARIA)

Tagged:  
22.03.2019
Europe/Madrid

O venres 22 de marzo o alumnado de Infantil e Primaria asistiu a unha representación teatral que tivo lugar no salón de actos do noso centro, dirixida pola compañía  LUMINARIA TEATRO.

E-MOTION: dirixida ao alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria. 

TRAPPED: dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

TEATRO EN INGLÉS E ESCALADA (3º E 4º ESO)

Tagged:  
13.03.2019
Europe/Madrid
O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu o mércores 13 de marzo á representación da obra de teatro The Canterville Ghost, todo un clásico de Oscar Wilde co que puideron exercitar a súa comprensión oral en inglés.

Unha vez rematada a función, tiveron a oportunidade de coñecer de preto o mundo da escalada practicándoa nun rocódromo.

CHARLA SOBRE INTERNET E REDES SOCIAIS (1ºESO)

Tagged:  
13.03.2019
Europe/Madrid
O mércores 13 de marzo, o alumnado de 1º de ESO participou nunha charla informativa sobre o uso correcto de Internet e o emprego axeitado das redes sociais máis utilizadas polos adolescentes. Esta actividade está enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos.

VISITA DA ESCRITORA MARISOL ORTIZ DE ZÁRATE (1º E 2º ESO)

Tagged:  
12.03.2019
Europe/Madrid
Resultado de imagen de la canción de Shao Li

A escritora Marisol Ortiz de Zárate veu ao noso centro para falar cos grupos de 1º e 2º de ESO, que están a traballar no seu libro titulado La canción de Shao Li.

Ao rematar a charla, tivo a amabilidade de asinar os exemplares do alumnado que desexou quedarse cun recordo personalizado da súa visita.

CONTACONTOS CO AUTOR IAGO LÓPEZ (1º E 2º PRIMARIA)

Tagged:  
26.02.2019
Europe/Madrid

O autor do conto "O cociñeiro Martiño e as cenoiras desaparecidas", Iago López, ven a pasar o rato e a falar do seu libro co alumado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia!!

CONTACONTOS COA AUTORA LEDICIA COSTAS (5º E 6º PRIMARIA)

Tagged:  
26.02.2019
Europe/Madrid

A afamada autora Ledicia Costas, acudirá ao noso centro a falarlles da súa obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez" ao alumnado de 5º e de 6º de Educación Primaria.

Desfrutade da experiencia rapaces!!!

ENTROIDO 2019 (Todo o centro)

Tagged:  
01.03.2019 11:30
Europe/Madrid

MUSEO DO POBO GALEGO E CIDADE DA CULTURA (1º, 2º E 3º ESO)

Tagged:  
27.02.2019
Europe/Madrid

 O 27 de febreiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO realizou unha saída cultural a Santiago de Compostela.

En primeiro lugar visitaron o Museo do Pobo Galego, onde realizaron diferentes actividades, como un xogo de pistas sobre Antón Fraguas (homenaxeado no día das Letras Galegas 2019), ou o obradoiro "Ferramentas con voz".

A continuación, achegáronse á Cidade da Cultura para visitar a exposición "Castelao maxistral".

PANGEA (1º E 2º ESO)

Tagged:  
21.02.2019
Europe/Madrid

 O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu o xoves 21 de febreiro, no Auditorio de Galicia, ao espectáculo "Pangea: A paisaxe sonora do noso planeta".

A Real Filharmonía de Galicia e o multinstrumentista Abraham Cupeiro propuxéronnos unha viaxe ao redor do planeta a través da música que soa nas diferentes partes da Terra.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013