Agradecemos aos/ás nos@s amig@s do CEE M. López Navalón (Santiago de Compostela) o artigo publicado no seu blog "Olladas no Navalón", no que fan un resumo da súa participación na I Xornada pola Diversidade, incluíndo tamén un vídeo con imaxes da actividade. Podedes velo AQUÍ! |
Todo o centro
PARTICIPACIÓN DO CEE M. LÓPEZ NAVALÓN NA I XORNADA POLA DIVERSIDADE
NAVEGA CON RUMBO
CHARLA INFORMATIVA: NAVEGA CON RUMBO MARTES 22 DE MAIO LUGAR: Salón de actos. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistirán a unha charla impartida polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, enmarcada no Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo. Unha iniciativa encamiñada a que os escolares naveguen con tino pola rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de internet. |
ACTO DE APERTURA DA SEMANA CULTURAL. CHARLA SOBRE MARIA VICTORIA MORENO
CHARLA SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO Dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e a toda a Secundaria Hora: de 12:00 a 13:30 Impartida por MARILAR ALEIXANDRE Organiza o Equipo de Dinamización da Biblioteca. Actividade aberta ás familias. |
CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR
A garda civil impartirá o mércores 9 de maio unha charla sobre o ACOSO ESCOLAR dirixida ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria. Hora: de 12:10 a 13:00 Lugar: salón de actos. Organiza o Departamento de Orientación do centro. STOP ACOSO ESCOLAR!!! |
OBRADOIRO DE REGUEIFAS CON ALBA MARÍA
O alumnado de 5º e de 6º de Educación primaria ten o privilexio de participar nun obradoiro de regueifas impartido por Alba María, destacada poeta e regueifeira que estudou canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e que en 2014 gañou o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir de aí a súa vida artística dou un xiro xa que o premio consistía na gravación dun disco, "Ainda". |
CORRELINGUA 2018
O luns, 7 de maio, en Compostela, o alumnado de 3ºEP, 4ºEP, 6ºEP e 1ºESO representará ao noso centro na décimo oitava edición do "Correlingua". Trátase dunha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma. Actividade coordinada polo noso Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Departamento de Educación Física. |
VISITA A CENTROS DE ENSINO DE COMPOSTELA (3º e 4º de ESO)
O xoves 3 de maio, o Departamento de Orientación do noso CPI organiza unha visita guiada aos centros de ensino CIFP Compostela e IES Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, onde o alumnado de 3º e 4º de ESO recibirá unha explicación detallada sobre o tipo de ensinanzas ofertadas neses centros e o funcionamento dos mesmos. |
CHARLA INFORMATIVA SOBRE ACOSO ESCOLAR (1º e 2º de ESO)
O luns 30 de abril, o alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha charla informativa sobre acoso escolar, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos. |
CHARLA-COLOQUIO CON PERE TOBARUELA (4º, 5º e 6º de Primaria)
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, co gallo da conmemoración do día do libro, recibirán no día de hoxe a visita de PERE TOBARUELA, autor, entre outros títulos, da "colección Formigas". Lugar: salón de actos. Hora: 12:10 DESFRUTADE RAPACES!!! |
VII ENCONTRO DE ALUMNADO DE MÚSICA (3ºESO e 4ºESO -Música-)
O xoves 26 de abril o alumnado de 3º e 4º de ESO de Música participou no VII Encontro do alumnado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo (Vigo) e que está englobado dentro da convocatoria "Musiqueando", que se organiza a nivel de toda España para sacar a música dos centros escolares á rúa.
Nesta edición interpretaron un par de temas que estiveron preparando nas clases, realizaron un obradoiro sobre expresión e xogos vocais, danzas do mundo, percusión afrolatina ou baile tradicional e viviron un día de convivencia musical con alumnado de moitos outros centros de Galicia. |
MATEMÁTICAS NA RAIA 2018 (3ºESO)
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación matemática) e APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal), convocan a segunda edición da actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º de ESO. A caracterísitca principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos participantes son grupos-clase completos. O noso centro está representado polo alumnado de 3º ESO A e 3º ESO B.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »