19.05.2021
Europe/Madrid
Durante o mes de maio a orientadora do noso CPI e a xefa de estudos de Secundaria impartirán varias charlas informativas sobre orientación académica nas datas e cos grupos que se indican a continuación: Mércores, 19 maio: 3ºESO Martes, 25 maio: 2ºESO Luns, 31 maio: 6ºE.P. Nesas sesións porán á disposición do alumnado a información básica que deben coñecer con respecto ao cambio de curso ou de etapa educativa que están a piques de realizar e responderán ás dúbidas que poidan xurdir. |