O xoves 21 ás 11:00 terá lugar o festival de nadal deste curso. Os nosos alumnos levan semanas ensaiando, para lucirse diante das súas familias e compartir un rato agradable con todos vós. O programa e orde de actuacións é o que segue: 1.- XA ME TARDAN. Canción. Infantil. 2.- O MAGO DE OZ. Teatro. 6º Ed. Primaria. 3.- NUESTRA CANCIÓN DE NAVIDAD. Baile. 1º Ed. Primaria. 4.- VILLANCICO DE LOS PIRATAS. Canción. 2º Ed. Primaria. 5.- ALL I WANT FOR XMAS (versión en galego) e MERRY CHRISTMAS SONG. Cancións. 3º Ed. Primaria. 6.- I LOVE THE WAY I LIVE. Rock and Roll. 4º A Ed. Primaria. 7.- VOLVER Á CASA POR NADAL. Canción do Xabarín Club. 4º B Ed. primaria. 8.- HAPPY de Pharrel William. Baile 5º Ed. Primaria. 9.- BAILE FIN DE FESTA. 6º Ed. Primaria
O CONCERTO DE NADAL do alumnado de secundaria será en horario de tarde de 16:00 a 17:00. Estades convidados a ver as interpretacións musicais do noso alumnado |
Histórico de actividades
PROGRAMA FESTIVAL DE NADAL . CURSO 2017/18
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
Co motivo do aniversario da morte da exalumna deste centro Ana María Enjamio Carrillo, O CPI Antonio Orza Couto, súmase á concentración convocada polo Concello de Boqueixón para o día 15 de decembro diante da Casa Consistorial. Non máis mortes por razóns de xénero! |
PRÓXIMAS CHARLAS E OBRADOIROS
OBRADOIRO: ADESTRAMENTO EN HABILIDADES SOCIALES DATAS: 26 e 30 de outubro. 6 e 13 de novembro DESTINATARIOS: almunado de 1º da ESO IMPARTE: Yolanda Neira, psicóloga do Concello de Boqueixón Impartido polo Servizo de Prevención dos concellos de Boqueixón, Teo e Touro, coa colaboración da Consellería de Sanidade.
|
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA OUTONO 2017.
O noso centro vén de ser seleccionado para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unviersitaria, English week. O alumnado de 6º de Educación Primaria do 22 ao 28 de outubro dsifrutará dunha semana de convivencia con monitores nativos en lingua inglesa. Esperamos que o aproveitedes ao máximo rapaces!!!! |
PRÓXIMAS CHARLAS QUE TERÁN LUGAR NO NOSO CENTRO
Ao longo do mes de outubro, os alumnos de 2º 3º e 4º da ESO, a través do proxecto DESCÚBRETE enmarcado no programa de información e dinamización xuvenil "VAL DO ULLA 17", traballarán diferentes habilidades sociais(autoestima, autocoñecemento....) |
VI SEMANA CULTURAL
Xa tedes á vosa disposición o programa da VI Semana Cultural organizada polo CPIP Antonio Orza Couto. É unha semana chea de saídas, actividades e talleres nas que se implica toda a comunidade educativa e que supón un enorme esforzo de organización. Esperamos que os alumnos e alumnas a disfruten e aproveiten ao máximo. |
ENCONTRO LITERARIO
O 11 de maio o alumnado de 3º e 4º de ESO participará nun encontro literario cos escritores María Lorenzo -mestra de 6º de primaria deste centro- e Manuel Iglesias. | |
Encontro organizado polo Equipo de Dinamización da biblioteca. |
PRÓXIMAS CHARLAS QUE TERÁN LUGAR NO NOSO CENTRO
A longo do mes de maio o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, asistirá a unha serie de charlas impartidas polo SEPRONA que terán por obxecto concienciar aos nosos alumnos e alumnas do coidado da natureza. |
SAÍDA CULTURAL Á CIDADE DE OURENSE.
O alumnado de 3º e 4º de Educación secundaria realizarán unha saída cultural á cidade de Ourense o martes 25 de abril. Visita incuída no ProxectoTerra. Visitarán o casco antigo da cidade de Ourense, a fábrica Lonia Textil e, se o tempo acompaña, irán ás termas públicas e gratuitas de Outariz. |
TEATRO BLACKLIGHT SIMPHONIES
O vindeiro luns 24 de abril o alumnado de Educación infantil e primaria e de 1º e 2º de Educación Secundaria van asistir a un espectáculo teatral no salón de actos do noso centro. Luminaria teatro traeranos "Blacklight Simphonies" que interpretarán en dúas representacións ás 11:00 e as 12:00 horas. Esperamos que vos guste rapaces!!! |
MUSIQUEANDO EN BETANZOS
O próximo 27 de abril os alumn@s de Música de 4º de ESO van visitar ao alumnado do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Alí realizarán un concerto conxunto ao aire libre onde interpretarán pezas de música tradicional e do repertorio actual. O concerto está englobado na actividade Musiqueando, que terá lugar esa mesma data en centros de toda España e na que participarán máis de 15 000 alumnos. Se queredes ver os centros que participan, premede na seguinte ligazón. |
TALLER "NAVEGA CON RUMBO"
O vindeiro martes 18 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria van participar nun taller incluído no plan "Navega con Rumbo" da Consellería de Educación e que ten o obxectivo de concienciar aos nenos e nenas no uso responsable da Internet e das redes Sociais. Entendemos que é a nosa responsabilidade educalos no manexo destas ferramentas. |
SAÍDA DE FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 4º DA ESO
Xa está todo preparado para que o alumnado de 4º de Educación Secundaria saia cara Andalucía na tradicional viaxe de fin de etapa que o noso centro organiza. Desta volta irán acompañados dos profesores Jorge Silva e Angel Maciñeiras e sairán o martes 18 para voltar o sábado 22. Esperamos que desfrutedes desta merecida viaxe. Pasádeo ben rapaces!!! |
Información Manzaneda
Desde Manzaneda, informamos ás familias de que as crianzas o están a pasar moi ben, realizando numerosas actividades na neve, na piscina e no pavillón.
Un saúdo a todas as familias.
Dpto. de Ed. Física.
VIAXE A MANZANEDA
O almunado de 6º curso de Educación Primaria e de 1º da ESO van a realizar unha saída a Manzaneda do 27 ao 29 de marzo de 2017. Irán acompañados por profesorado do noso centro, e realizarán diferentes actividades deportivas e de convivencia. Esta actividade está coordinada polo departamento de educación física. Pasádeo ben rapaces!!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »