Histórico de actividades

PRÓXIMAS CHARLAS E TALLERES

Resultado de imagen de conferencia gif

Nos vindeiros días desenvolveranse no noso centro as seguintes charlas e talleres:

  • PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA: destinada ao alumado de 2º da ESO, impartida por Yolanda Neira, Psicóloga do Concello de Boqueixón.

  • INFORMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA A XUVENTUDE: destinada ao alumnado de 3º e 4º da ESO, impartida pola Oficina Municipal de información xuvenil (OMIX)

Todas estas actividades están inclídas no Plan de acción titorial que coordina o Departamento de Oriendación do noso centro.

Esperamos que sexan de utilidade para os nosos alumnos e alumnas.

THÉÂTRE EN FRANÇAIS (2017)

O martes 7 de marzo, o alumnado de Francés de 2º, 3º e 4º de E.S.O. asistiu á representación da obra Moulin Rouge, adaptada pola compañía "La Bohème Théâtre" no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Un spectacle superbe!!!

FOTOS DAS NOSAS ROSALÍAS E DOS NOSOS MURGUÍAS

 

Xa están subidas as fotos do entroido ao blogue de Dinamización da Lingua Galega.

Aquí tedes un enlace a él.

Desexamos que vos gusten

ROSALÍATE!!!

A comunidade educativa solidarízase coas persoas refuxiadas sirias

Imagen relacionada

As crianzas do CPI Antonio Orza Couto demostraron que a solidariedade é a tenrura dos pobos, tal e como expresara a gran literata nicaraguana Gioconda Belli. Este sentimento agromou nos corazóns dos máis pequenos, desconcertados ante a irracoinalidade adulta das guerras e os intereses espúreos que as motivan.

Unidas por una forte convicción: axudar ás persoas que están fuxindo da guerra e da fame, emprenderon unha campaña de recollida de alimentos, material médico e mantas. As familias e a veciñanza de Boqueixón respondeu con gran ilusión a esta petición e, en tres semanas, o vestíbulo do colexio encheuse de caixas cheas de amor e apoio as nosas irmás de oriente.

Saída a Sogama con 2º e 4º da ESO

02.02.2017 10:00
02.02.2017 14:30
Europe/Madrid
Resultado de imagen de sogama

O 2 de febreiro os alumnos de 2º e 4º da ESO visitarán a planta de Sogama en Cerceda.

Esta saída correspóndese cunha das actividades de formación dun proxecto de aprendizaxe-servizo que estamos facendo en colaboración co Concello.

As actividades de aprendizaxe-servizo son actividades colaborativas cunha finalidade social onde, ademais de aprender, se ofrece un servizo á comunidade, tal como di o seu propio nome. No noso caso, temos como obxectivo tratar de mellorar a separación de residuos que se está a facer en Boqueixón.

CHARLAS E TALLERES DOS PRÓXIMOS MESES

Resultado de imagen de charla

Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro os alumnado de 4º da ESO vai participar nun taller de prevención da violencia de xénero.

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria e de 1º, 2º e 3º da ESO, recibirán charlas sobre a prevención do acoso escolar.

Gañador do Concurso de Nadal

Damos a coñecer ao gañador do Concurso de Nadal 2016 organizado desde o departamento de Música de Secundaria. Nesta edición o que demostrou ter un oído máis que ben atinado foi Manuel Jorge Lapido, alumno de 4º de ESO. Noraboa!!

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

O día 19 de decembro de 2016, a comunidade educativa do CPIP Antonio Orza Couto, participou en varios actos de condena do horrible crime que sufriu unha ex-alumna do noso centro.

Queremos expresar a nosa repulsa á toda manifestación de violencia e así llo queremos transmitir á toda a sociedade. A concienciación dos máis novos é imprescindible para erradicar a violencia de xénero.  Todos debemos contribuir a que impere o respecto e a tolerancia.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

NON + VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de Novembro tivo Lugar no noso centro unha charla informativa sobre a violencia de xénero orientada ao alumnado de 3º da ESO.

NIN UNHA MÁIS!!!

MAGOSTO 2016

Mañán martes, 8 de novembro terá lugar, en horario de 15:00 a 17:15 o MAGOSTO.

Haberá xogos tradicionais e castañada.

PREMIOS ACADADOS POLO CPI ANTONIO ORZA COUTO NO CONCURSO DE CARTACES.

Temos o pracer de informarvos que o noso colexio conqueriu a primeira praza na modalidade colectiva, do concurso convocado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, de debuxo de Cartaces " Pola Igualdade 2017". As nosas gañadoras son:  ANDREA FERNÁNDEZ IGLESIAS, NEREA GONZÁLEZ BOO, LUCIA TALLÓN IGLESIAS. Co seguinte traballo:

Tamén informarvos que na categoria individual, no mesmo concurso. O terceiro premio recaeu na nosa alumna de 4º de ESO  LORENA ARTEAGA VILAS.

Pola seguinte creación artística:

 

Ana Santos Millán gaña o concurso de redacción: "coñece o teu concello"

A alumna de 6º de Educación Primaria, Ana Santos Millán, gañou o primeiro premio do concurso de redación coñece o teu concello, convocado por La Voz de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. 

O concello visto con lentes especiais é o título co que Ana encabezou o seu relato, que poden ler a continuación:

O meu concello parece moi tranquilo, pero se souberades o que hai detrás...

Cinco velliñas moi laretas, que se decatan de todo; unha tenda onde todo é gratis, porque os meus veciños tiran as súas cousas no medio da leira principal; sete casas sen persoas e ninguén as quere comprar; os meus veciños de festa, porque sen traballo aínda están...

E así imos, pero o alcalde non ten nada que facer; coa tenda gratuíta estamos moi ben.

Tampouco fai falta xornal, que as velliñas xa nos chegan ben.

Por último de todo, aquí na parroquia, tendes que lembrar que nenos non hai, só estamos o can máis eu, e, se queredes, podedes vir xogar.

Ben, pois xa está, máis queixas non teño...., pero o concello é xenial!

Ana Santos Millán. 11 anos. 6.º de Primaria. CPI Antonio Orza Couto. Boqueixón.

Ponlle ritmo á túa saúde cos nenos/as de 5º de Ed. Primaria

Este ano académico os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participan no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

O proxecto elaborado leva por título: "ponlle ritmo á túa saúde" e está dirixido á todos os membros da comunidade educativa co obxecto de que melloren os seus hábitos saudábeis. Con este propósito, o alumnado creou un blogue con multitude de recursos dixitais (vídeos, enquisas, cancións, entrevistas) para poñer un gran de area na construción dunha sociedade que atenda ao seu ben máis preciado: a saúde.

Animamos a todas as persoas que o desexen a que accedan ao blogue e consulten o material elaborado por estes grandes investigadores/as. A continuación deixamos un pequeno adianto do que poden atopar:

V SEMANA CULTURAL CPI PLURILINGÜE ANTONIO ORZA COUTO

16.05.2016
20.05.2016
Europe/Madrid

Do 16 ao 20 de maio o noso centro celebrará, a súa V semana cultural. Rendiremos homenaxe a dous persoeiros ilustres das nosas letras, Manuel María (letras galegas 2016) e Xosé Neira Vilas.

No documento adxunto tedes o tríptico coa programación das actividades.

Esperamos que sexan do voso agrado!!!

                                                                   

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013