As crianzas do CPI Antonio Orza Couto demostraron que a solidariedade é a tenrura dos pobos, tal e como expresara a gran literata nicaraguana Gioconda Belli. Este sentimento agromou nos corazóns dos máis pequenos, desconcertados ante a irracoinalidade adulta das guerras e os intereses espúreos que as motivan. Unidas por una forte convicción: axudar ás persoas que están fuxindo da guerra e da fame, emprenderon unha campaña de recollida de alimentos, material médico e mantas. As familias e a veciñanza de Boqueixón respondeu con gran ilusión a esta petición e, en tres semanas, o vestíbulo do colexio encheuse de caixas cheas de amor e apoio as nosas irmás de oriente. |
A comunidade educativa solidarízase coas persoas refuxiadas sirias
Enviado por Anónimo o Xov, 02/02/2017 - 16:02
Tagged: