Estimadas familias:
Hoxe tivemos a visita da TVG para facer unha reportaxe sobre o uso da máscara nos centros educativos. No seguinte enlace podedes ver a intervención no programa Bos días. https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/bos-dias-9-00-5515745?t=1845 |
O CPI NO PROGRAMA BOS DÍAS DA TVG
30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O venres 28 de xaneiro levamos a cabo diversas actividades para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz, entre as que destacamos as seguintes:
Velaquí un pequeno vídeo que resume esta conmemoración. Por un Mundo máis xusto e harmonioso! |
RECOLLIDA DE MÁSCARAS
Aquelas familias do alumando de Educación primaria e secundaria que recibiran o vale de material escolar, xa poden pasar polo centro a recoller as máscaras. Horario de recollida: De 09:00h a 13:00h Para calquer dúbida poden poñerse en contacto coa secretaría do centro 881866778
|
RECOMENDACIÓNS PARA UNS HÁBITOS SAUDABLES
Como xa sabedes o noso centro està inmerso nun Programa-Contrato sobre a dinamización de hàbitos saúdables,
Consideramos que a actividade física é unha oportunidade para a prevención de enfermidades cardiovasculares, obesidade, diabetes etc Por outra banda, fortalece o osos e os músculos, mellora o estado anímico, disminue o estrès e mellora o rendemento acadèmico.
Un dos principais obxectivos que queremos conseguir e que noso alumnado incorpore a actividade física na súa vida cotià, camiñando, facendo deporte nos clubes deportivos ou pola súa conta nas rúas ou no campo, bailando, axudando nas tarefas domésticas, agrícolas, subindo e baixando escaleiras etc.
É por elo que dende o departamento de Educación Física de Secundaria aconsellamos ao alumnado que non posúa unha pulseira de actividade, a súa familia lle agasalle cunha, hai pulseiras que non teñen un coste elevado, entre 10 e 15 euros. De todas formas, no caso de non podelas mercar o departamento de Educación Física terá algunhas para prestar. Un adolescente activo, ten màis posibilidades de ser un adulto activo do futuro
Neste segundo Trimestre faremos o RETO DOS 10.000 PASOS AO DÍA é a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS), que equivale a 7 Km
O FORTE NEWS
Xa podedes desfrutar da edición máis especial do Forte News, o noticiero máis cañero do noso colexio, na que poderedes coñecer un pouquiño máis de preto a algúns dos membros da nosa comunidade educativa. Premede no enlace e desfrutade do traballo dalgúns dos nosos cativos. |
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS EN SECUNDARIA
Un ano máis o alumnado de secundaria aisitiu a un curso de primeiros auxilios organizado polo Departamento de Educación Física e impartido por Adrián, membro do Servizo de protección civil do Concello e ex alumno do noso centro. Grazas a estes cursos os alumnos e alumnas aprenden distintas manobras de primeiros auxilios como: |
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
Desde a biblioteca queremos presentarvos as nosas recomendacións para que desfrutedes deste Nadal cun bo libro na man.
Ademais queremos propoñervos que rematedes o ano escollendo a Palabra do Ano 2021. Para participar só tedes que premer na seguinte ligazón e votar por calquera das finalistas:
Animádevos a participar e pasade un moi BO NADAL!!
BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS
Desde a biblioteca queremos informarvos de que un ano máis o noso centro quedou adherido á iniciativa de "Voluntariado na biblioteca escolar", dentro do programa Bibliotecas Escolares Solidarias.
O alumnado voluntario de Secundaria realizará unha serie de tarefas en relación coa biblioteca (deseño e realización de actividades, formación de usuarios...), por suposto axustándose aos protocolos que a situación sanitaria esixe.
Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da consellería de Política Social e favorece actitudes de colaboración e solidariedade, colaborando na formación dunha cidadanía crítica e comprometida.
MÚSICA E MOVEMENTO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Premede nas seguintes ligazóns para poder desfrutar dos cativos e cativas de 4º e 5º e 6º de infantil activando o seu corpiño.
DÁMOSLLE A BENVIDA AO NADAL
O martes 21 de decembro o noso centro vístese de gala para despedir o primeiro trimestre deste ano académico e recibir o Nadal coa ledicia e ilusión que merece a ocasión. O noso alumnado participará en diversas actividades: - @s máis pequen@s recibirán unha visita moi especial dun dos personaxes emblemáticos destas festas e farán un ensaio da despedida do ano para ir quentando motores. - Os grupos de E.S.O. gozarán do xa tradicional "Concerto de alumn@s", organizado polo Departamento de Música. |
"HAI SAÍDA GRAZAS A TI" (3º E.S.O.)
O luns 13 de decembro o alumnado de 3º de ESO participou en "Hai saída grazas a ti", un encontro-debate sobre a abordaxe da violencia de xénero. Esta actividade vén proposta pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. |
SAÍDA DIDÁCTICA Á CONTORNA E OBRADOIRO SOBRE MINERAIS (2º e 4º E.S.O.)
O alumnado de 2º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades organizadas polos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais e que se levaron a cabo o 13 e o 15 de decembro: - Visita ao Pico Sacro co xeólogo Fran Canosa que, ademais, impartiu un obradoiro sobre minerais no noso centro. - Visita ás instalacións da canteira de Serrabal. |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »