RECOMENDACIÓNS PARA UNS HÁBITOS SAUDABLES

Como  xa sabedes o noso centro està inmerso nun Programa-Contrato sobre a dinamización de hàbitos saúdables,

Consideramos que a actividade física é unha oportunidade para a prevención de enfermidades cardiovasculares, obesidade, diabetes etc Por outra banda, fortalece o osos e os músculos, mellora o estado anímico, disminue o estrès e mellora o rendemento acadèmico.

Un dos principais obxectivos que queremos conseguir e que noso alumnado incorpore a actividade física na súa vida cotià, camiñando, facendo deporte nos clubes deportivos ou pola súa conta nas rúas ou no campo, bailando, axudando nas tarefas domésticas, agrícolas, subindo e baixando escaleiras etc.

 É por elo que dende o departamento de Educación Física de Secundaria aconsellamos ao alumnado que non posúa unha pulseira de actividade,  a súa familia lle agasalle cunha, hai pulseiras que non teñen un coste elevado, entre 10 e 15 euros. De todas formas, no caso de non podelas mercar o departamento de Educación Física terá algunhas para prestar. Un adolescente activo, ten màis posibilidades de ser un adulto activo do futuro

Neste segundo Trimestre faremos o RETO DOS 10.000 PASOS AO DÍA é a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS), que equivale a 7 Km


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013