Como tristemente por todos é sabido, o conflito desatado no leste de Europa está a xerar millóns de refuxiados que necesitan da nosa solidaridade.
Tal e como se recolle no Comunicado emitido pola Xunta de Galicia xunto coas principais ONG con estrutura na zona, o recomendable é canalizar a axuda a través de doazóns económicas. (ligado tedes o documento cos medios para facelo)
Dende o centro puxémonos en contacto coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína (AGA-Ucraína) e comunicáronnos que seguen recollendo material de primeira necesidade que almacenan no almacén central de Santiago de Compostela na Cidade da Cultura.
Por este motivo o noso centro vai iniciar unha campaña de recollida. Os cativos e cativas levarán a casa no día de hoxe unha nota informativa co que máis se precisa.
O recollido irase depositando nos lugares habilitados a tal fin nos edificios de infantil, primaria e secundaria.
DATA ENTREGA PRODUTOS: A partir do luns 14 de marzo
LUGAR: Edificios de primaria e secundaria (canalizado a través dos conserxes)
TODOS SOMOS UCRAÍNA!!!