CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA USADA. GLOBAL HUMANIARIA

Un ano máis o noso centro colabora coa campaña de recollida de roupa usada que Global Humanitaria, ONG de cooperación ao desenvolvemento, pon en marcha xunto con Mariola Solidaria, empresa que xestiona roupa e calzado usados, para conseguir investimento para o proxecto "Derecho a la educación" que a ONG leva a cabo na India.

Todo o alumnado levará a casa unha bolsa que deberán traer ao centro coa súa doazón voluntaria de  roupa ou calzado usado, antes do 7 de marzo.

ENTROIDO 2023

Como de todos é sabido a semana do 13 ao 17 de febreiro é a semana do entroido.

Queremos compartir con vos unha serie de "Mandadiños" que día a día Aquilano en Secundaria, e  a Caixa tonta en primaria, irán comunicando aos rapaces e rapazas para que ao día seguinte cumpran coa instrución recibida e veñan ataviados coma se lles indica.

Recordade que os Mandadiños son acumulativos, o martes viremos co indicado para ese día e co do luns e así sucesivamente.

A desfrutar familia!!!

DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

En  Educación Primaria destacamos o valor da paz fronte as guerras e as pelexas. Por iso, o alumnado colaborou creando un mural representativo dos valores que perseguimos neste 30 de xaneiro; todo acompañado dunha bibliografía especial que aXUDA aos nenos e nenas a comprender a problemática dA guerra e o valor da non violencia e paz.

OBRADOIRO DE REGUEIFAS. 1º E 2º ESO

O xoves 9 de febreiro, o alumnado de 1º e de 2º de ESO disfrutou dunha xornada moi entretida aisitindo a un obradoiro de Regueifas impartido Lupe Blanco.

Despois da explicación incial regueifaron un curso fronte ao outro. 

Podedes comprobar o resultado desa regueifa nesta ligazón.

OBRADOIRO DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

O pasado mércores 8 de febreiro o alumnado de infantil e primaria, asistiu ao obradoiro de música tradicional galega "Os instrumentos van á escola" impartido por Pablo Seoane, e coordinado pola mestra Beatriz Gippini, onde coñeceron de primeira man instrumentos tradicionais Galegos

ROTEIRO TEATRALIZADO E CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORANEA. 3º ESO

O alumnado de 3º ESO do CPI PLurilingüe Antonio Orza Couto desprazouse ata Santiago o pasado martes, 7 de febreiro, para participar en dúas actividades organizadas polos departamentos de Lingua Galega e Literatura e Plástica.

Primeiramente asistiron, xunto co alumnado do CPI de Barro, a un roteiro literario teatralizado baseado na obra O enigma de Santiago, de X.A. Neira Cruz e ofertada pola editorial Galaxia, no que contaron coa interpretaciónde Serafín Marcos.  A continuación, visitaron o Centro Galego de Arte Contemporánea, no que fixeron un percorrido guiado pola exposición Camiños III que coñeceron previamente coa profesora de Plástica e na que mesmo se implicaron coa súa achega persoal

Parabéns ao alumnado e profesorado do CPI Antonio Orza Couto por contribuíren con estas actividades a un ensino público e de calidade.

ROTEIRO DOS TRES PAZOS. 4º E 5º PRIMARIA

O pasado luns 6 de febreiro, o alumnado de 4º e 5º de primaria, tivo a oportunidade de desfrutar xunto coas súas titoras e a mestra de Audición e Linguaxe, dunha xornada ecolóxico-didáctica enmarcada dentro do programa de estilos vida saúdable no que o noso centro participa.

 

 

CHARLA SOBRE A DOAZÓN DE ÓRGANOS

No día de onte o alumando de 3º e 4º de Secundaria asistiu a unha charla informativa sobre a doazón de órganos impartida pola Axencia de doazón de Órganos e sangue, na que puideron comprobar de primeira man o que supón facerse doante.

A vida, o mellor agasallo!!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Para celebrar este día tan importante, tivemos un acto promovido pola biblioteca e organizado polo alumnado de Oratoria que contou co apoio de todos os departamentos do centro.

Comezamos escoitando o discurso elaborado polas alumnas Meseret Tomé, Uxía Otero e Antía Rendo de 3º da ESO.

Todos e todas participaron na confección do noso  “Mural Pola Paz” onde están expostas as frases que o alumnado de secundaria estivo recopilando e creando. O mural foi decorado polo alumnado de 4º da ESO que preparou graffitis de siluetas de persoas, representando o desexo de Paz da nosa comunidade escolar, dentro e fóra das escolas e, principalmente, nas sociedades de todo o mundo.

Para rematar, os alumnos e alumnas presentes foron convidados a lanzar un avión de papel, confeccionado por cada un e cada unha,  á “Diana da Paz”, realizada polas alumnas de Valores Éticos de 2º da ESO. 

Por outra banda, deixámosvos unha mostra das actividades que fixeron os alumnos e alumnas de Infantil e Primaria

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O pasado 21 de xaneiro tivo lugar no parque Eugenio Granell a fase zonal do campionato de campo a través escolar na que Adrián Liñares Rodríguez de 5º de primaria, conseguiu clasificarse para a fase provincial que terá lugar no mes de marzo.

Os nosos parabéns Adrián!!

ALERTA AMARELA

Estimadas Familias:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por ventos, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023.

Comunicamos ás familias que, mañán martes 17 de xaneiro, no noso centro,  MANTENSE O SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR.

Quedamos á súa disposición para calquer dúbida.

O equipo directivo

XVIII CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

XVIII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell “Tu personaje favorito” -  Fundación Eugenio Granell

O pasado 21 de decembro a Fundación Eugenio Granell comunicounos que dous alumnos do noso centro gañaron sendos premios na categoría de debuxo e na de fotografía. Os alumnos gañadores foron:

- Gabriel Couto Mosquera. 3º de Educación Primaria.  Categoría de Debuxo

- Maria Loureiro Vilas. 4 anos co seu collaxe Arte nos pes. Caperucita Roja. Categoría de fotografía (Esta categoría quedou deserta e o xurado decidiu premiar a obra de María).

Todas as obras presentadas estarán expostas ata o 15 de xaneiro do 2023 na sede da Fundación.

FELICITACIÓN DO CENTRO

Dende o CPIP Antonio Orza Couto desexamos unhas felices festas e feliz Aninovo a toda a comunidade educativa.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013