A Federación Galega de Tenis en Colaboración Coa Secretaría Xeral para o deporte e a Secretaría de Igualdade, pon en marcha o Plan Correspondables. |
|
A través deste plan os nenos e nenas terán clases de tenis gratuitas que será impartidas nas instalacións deportivas do Forte durante o verán (en horario de mañán) e en periodo lectivo a partir das 15:30. Para anotarvos tedes que cubrir o seguinte formulario, no que escolleredes os días e as horas que prefirades e logo xa se poñen en contacto con vos vía telefónica https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd1MCx-v2KXUp0iRmdtNt4ZVCFGAvinve-jBnkZZNC-pgZAvQ/viewform |
|
CLASES DE TENIS GRATUITAS
VOLVE O FORTE NEWS. ESPECIAL MANZANEDA
Non vos podedes perder o ESPECIAL MANZANEDA, onde os nosos reporteiros cóntannos moitas cousas desa marabillosa saída. Un saúdo |
https://drive.google.com/file/d/1XpnlTTF7iaJCmAOJChMca5cEL03g7zj8/view?usp=drivesdk
SAÍDA A GALIPARK 2021/22. 1º E 2º DE PRIMARIA
O pasado luns, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron unha saída ao parque multiaventura Galipark situado en Padrón. A pesares de que a climatoloxía aquí en Boqueixón non auguraba que puideran gozar a tope da actividade, parece que alí sí que o tempo respectou. As imaxes que vos compartimos aquí dan boa conta do ben que o pasaron. |
BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNOS/AS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
O ministerio de educación vén de publicar a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE). Prazo de presentación: do 19 de maio ao 30 de setembro. Lugar de presentación: Na secretaría do centro. Se queredes acceder a toda a información do procedemento, preme aquí |
GAÑADORES DO SORTEO "GAÑA E LE" DA ANPA O FORTE
Xa temos gañadores do sorteo GAÑA E LE da nosa ANPA Tal e como comunicamos no anuncio do concurso , o 17 de maio celebramos un sorteo virtual, coa colaboración do CONCELLO DE BOQUEIXÓN, entre todas as familias socias da ANPA dun vale de 60 € para gastar na librería Lino de Lestedo. Podedes ver cómo se desenvolveu o sorteo premendo neste vículo: https://drive.google.com/file/d/1xp7m7csp0eqlyBCE6LzSMJImQ5a3uZ23/view?usp=sharing Os gañadores foron a Famillia Sánchez Carpinteiro. Parabéns |
|
|
Velaiquí tedes a Sara recollendo o seu premio.
Agora, a ler!.
A directiva da ANPA O Forte
FONDO SOLIDARIO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL. CURSO 2022/23
Aberto o prazo para solicitar o FONDO SOLIDARIO de Libros de texto (3º/4º/5º 6º Primaria e 4º/3º ESO), AXUDAS para adquirir libros de texto (1º/2º Primaria) e AXUDAS para material escolar (Todo o alumnado de Primaria e ESO).
Presentación de forma electrónica (Aplicación Fondolibros) ou presencialmente no centro.
Prazo de presentación: do 19 de maio ao 22 de xuño (este último incluído).
Aquí tedes vínculos á toda información necesaria:
ACTIVIDADE DE VELA. 1º E 2º DE ESO
Hai unhas semanas o alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron unha saía didáctica ao Porto do Freixo, en Outes para iniciarse na práctica da VELA.
Dende o centro náutico municipal do Freixo, acaban de enviarnos unha reportaxe gráfica que demostra o ben que o pasaron.
Premede nos enlaces que vos deixamos para velas
1º ESO https://photos.app.goo.gl/
2º ESO https://drive.google.com/
TETTAMANCY:"QUE FAGO EU EN BOQUEIXÓN?"
Logo de semanas de traballo, presentámosvos o resultado do proxecto realizado por alumnado de 3º da ESO sobre a figura de Francisco Tettamancy Gastón e a relación que atopamos entre este autor e Boqueixón. O proxecto estivo coordinado pola profesora de Lingua Galega, Marifé Pérez García e pola coordinadora do equipo de dinamización da Biblioteca, Lina Mª González López.
Aproveitamos tamén para darlle as grazas á veciñanza de Lestedo e a Rocío Liñares por cedernos desinteresadamente os traxes de xenerais.
Velaquí tedes o resultado!
SORTEO GAÑA E LE DA ANPA O FORTE
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, a ANPA do CPIP Antonio Orza Couto, celebraremos un sorteo entre todas as familias socias da ANPA, dun vale por valor de 60 euros.
O vale será para escoller LIBROS EN GALEGO, na Librería LINO de Lestedo.
O sorteo farase a través da aplicación AppSorteos e informaremos do mesmo a través das nosas redes sociais.
Contactaremos co gañador por correo electrónico.
Moita sorte a todos.
A directiva da ANPA O Forte
NOVOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN NA ESO
Para maior información sobre a titulación e promoción e os criterios de cada materia, premde aquí
ACTUACIÓNS NO MUSIQUEANDO
O xoves 28 de abril celebramos o Musiqueando 2022- #nosimportalamusica xunto con moitos outros centros de toda España.
Nun pequeno concerto, o alumnado de 1º e 2º da ESO animouse a compartir con nós o que fan na clase de Música e a interpretar unha coreografía de "Terra" feita para a ocasión por Artur Puga, bailarín que acompañou ás Tanxugueiras no Benidorm Fest.
Para os que non tivestes a oportunidade de asistir, aquí vos deixamos este vídeo coas actuacións. Desfrutádeo!
GAÑADORAS DO CONCURSO DE MICRORRELATOS
Aquí tedes as gañadoras do Concurso de Microrrelatos ¡Sea breve, por favor!: Uxía Verde Gómez por "Amor" Nerea Mareque Vázquez por "El pozo" Aldara Prado Giadás por "Una visita inesperada" A entrega de premios terá lugar na Biblioteca este venres, día 6 de maio, durante o primeiro recreo. Non dubidedes en pasar por alí. Noraboa ás premiadas e a todxs xs participantes! |
O XOVES MUSIQUEAMOS!
Este xoves 28 de abril o alumnado de 1º e 2º da ESO participará na convocatoria Musiqueando 2022-#nosimportalamusica, de concertos escolares na rúa e que se celebrará simultáneamente en toda España. O obxectivo desta convocatoria é sacar a música das aulas e facer un pequeno concerto, que nós celebraremos no patio do edificio de Secundaria de 11:45 a 12:50h. Neste pequeno concerto poderedes escoitar algún dos temas que estivemos a traballar na materia de Música, así como unha coreografía da canción "Terra" de Tanxugueiras feita especialmente para esta actividade por Artur Puga, bailarín do grupo participante no Benidorm Fest. Pasade a desfrutalo! |
RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DO LIBRO 2022
Desde a biblioteca queremos compartir con tod@s vós as nosas recomendacións lectoras para que desfrutedes nesta Semana do Libro. Ademais, podedes consultar outras propostas interesantes que nos están a chegar a través da nosa conta de Instagram @biblioforte.
Boa lectura!
ACTIVIDADES LITERARIAS PARA ABRIL!
|
Chega o mes de abril e con el unha chuvia de actividades literarias para conmemorar o Día do Libro. Ademais das propostas que faremos por clase, queremos propoñervos algunhas actividades para as que pedimos a vosa colaboración:
Animádevos, tedes ata o 20 de abril! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »