3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Tagged:  
03.12.2021
Europe/Madrid

"Sexamos capaces de crear un mundo para tod@s"

   O Equipo de actividades complementarias e extraescolares quere sensibilizar ao alumnado do noso CPI para que entendan o papel fundamental que xoga cada individuo á hora de crear un mundo máis xusto e no que todas as persoas nos sintamos aceptadas, integradas e exista igualdade de oportunidades para tod@s.

   Para isto, o venres 3 de decembro leváronse a cabo as actividades que se recollen nesta ligazón.

  

  

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A xunta de Galicia vén de publicar a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Entre o 25 de outubro e o 1 de decembro terán lugar unha serie de acontecementos que darán lugar á nova configuración do Consello Escolar. Premede no documento adxunto para poder acceder as datas máis salientables

Xa podedes consultar as ACTAS cos resultados das votacións ao Consello Escolar dos distintos sectores.

SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES/ACOLLEDORES/AS

-Francisco Javier Granja Fernández entra a formar parte do Consello Escolar en substitución de Pedro Otero López que remata o seu período. Os outros tres candidatos fican como suplentes.

SECTOR DE ALUMNADO

-Fátima Liñares Rodríguez pasa a formar parte do Consello Escolar.  O resto das alumnas fican como suplentes.

SECTOR DE PROFESORES/AS

Pasarán a formar parte do Consello Escolar as tres candidatas Juana Torres Soto, Noelia Garrido Otero E Belén Mourullo Míguez en substitución de Santiago Quiroga García, Albina Iglesias Martínez e Manuel Rodís Martínez.  Este último permanecerá no consello Escolar como membro propio ao ser Xefe de estudos de secundaria.

SECTOR DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)

Jose Manuel Barrio Pérez, pasa a formar parte do Consello Escolar en substitución de Mercedes González Aguiar

AXUNTANZA DAS ARTES: OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS

OBRADOIRO DE CULTURA HIP HOP E RIMAS 

da man de GARCÍA MC

Data:

1 de decembro

Destinatarios:

4º ESO (09:50-10:40)

3º ESO (10:55-11:45)

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS "CONVIVE"

Dentro do marco do Plan de Acción Titorial para o alumnado de 6º de Educación primaria os próximos dias 26 e 29 de novembro desenvolverase o Obradoiro de habilidades sociais "conVIVE" impartido por Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo, especialista en intervención socioeducativa en condutas adictivas.

Actividades organizadas polo Servizo de prevención de condutas adictivas do Concello de Boqueixón conxuntamente co Departamento de Orientación do CPI Antonio Orza Couto e coa colaboración da Consellería de Sanidade.

Este obradoiro será reforzado co obradoiro de nais e pais "Educar en famlia" que consta de catro sesións: 26 de novembro, 10 de decembro, 28 de xaneiro e 25 de febreiro

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tagged:  
25.11.2021
Europe/Madrid

   Un ano máis, a comunidade educativa do CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto sumouse á loita contra a violencia de xénero e para poñer de manifesto a nosa repulsa e mostrar a nosa unión leváronse a cabo as seguintes actividades:

- Acto simbólico no que todo o alumnado e todo o profesorado alzou as mans baixo o lema "As mans para loitar, non para ferir! A fala para acariñar, non para anular!", tirado do conto creado por Yolanda Neira, Alén loita e acariña, lido e traballado en todas as etapas ao longo do mes de novembro.

- O alumnado de Educación Infantil participou no contacontos Arturo e Clementina.

- O alumnado de Educación Primaria traballou con diversas curtametraxes e cancións relacionadas coa temática da violencia de xénero.

- O alumnado de Educación Secundaria asisitiu ao recitado de lemas e poemas e a exalumna Marina Vidal e Mario, de 3º de ESO, puxeron o broche musical a este día de reivindicación e de unión contra a violencia de xénero.

   Podedes ver un resumo do acontecido premendo no lazo violeta:

20 DE NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Tagged:  
20.11.2021
Europe/Madrid

     O 20 de novembro é o día adicado á Infancia e aos Dereitos d@s Nen@s.

      Para conmemorar esta data e sensibilizar ao noso alumnado, leváronse a cabo diversas actividades en todas as etapas educativas, dende a exposición de murais, ata a realización dunha coreografía sobre a canción Teño dereitos, pasando por debates, presentacións e xogos de rol nos que @s nos@s rapaces e rapazas coñeceron os seus Dereitos e se solidarizaron con aqueles que non poden gozar dos mesmos.

- Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares-

OBRADOIRO DE MULLERES CIENTÍFICAS. 1º ESO

No día de hoxe, o alumnado de 1º de ESO particiará nun obradoiro sobre "AS MULLERES CIENTÍFICAS: ISABEL ZENDAL E ÁNXELES ALVARIÑO"

Por iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Impartido por Fátima Rodríguez Piña

Organizado polo Equipo de Normalización Lingïstica do centro.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22.

- Beneficiarios:  Aqueles alumnos que foron beneficiarios do Cheque de material escolar. Neste caso as familias non teñen que facer ningún trámite.

Aquelas familias que, por calquer circunstancia, non solicitaron axuda de libros pero a súa renda percápita é inferior a 6000 € (para calculalo imos á renda de 2019, sumamos o recadro 432 mais o 460 e dividimos entre o número de membros da unidade familiar), deben presentar na secretaría do centro ANEXO I e ANEXO II xunto cunha copia do libro de familia.

- Prazo de presentación: do 15 ao 26 de novembro de 2021

O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.

Para más información póñanse en contacto coa secretaría do centro.

881866778

SAMAGOSTO 2021

Tagged:  
02.11.2021 00:00
05.11.2021 15:30
Europe/Madrid

     Do 2 ao 5 de novembro  estivemos de celebración no noso CPI, xa que festexamos dous eventos típicos do outono, o Samaín e o Magosto, que fusionamos no noso particular Samagosto.

     Foron moitas as actividades que se levaron a cabo: exposicións de cabazas, lectura e ambientación musical de relatos de terror, decoración dos distintos espazos do centro,  xogos populares e, por suposto, unha degustación de castañas que tivo luga o xoves día 4 de novembro a partir das 12:00.

     O Equipo de Actividades Extraescolares agradece a colaboración de todo o alumnado e profesorado implicado na organización do Samagosto.

     Velaquí tedes unha pequena mostra de imaxes:

RELATOS DE TERROR E DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

Chegou a semana do Samagosto e desde a biblioteca queremos compartir con vós uns fabulosos relatos de terror escritos, narrados e ambientados polo alumnado de 3º da ESO especialmente para a ocasión. 

Traballaron arreo para rematalos e facernos pasar un Samaín de medo, así que non perdades máis tempo e premede na imaxe para poder escoitalos e pasar un rato terrorífico!

Tamén aproveitamos para ensinarvos o mural adicado a Neira Vilas que podedes ver no edificio de Primaria. Pasade a velo!

ACTIVIDADES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 3 de novembro o alumado de primaria irá pola mañá a Biblioteca do Concello de Boqueixón para que a propia autora do conto "Alén loita e acariña", Yolanda Neira, lle lo conte.

Irán en varias quendas:

-Primeira quenda: 1º e 2º de primaria.

-Segunda quenda: 3º e 4º de primaria.

-Terceira quenda: 5º e 6º de primaria.

O día 4 de novembro virá Yolanda a contarlles o conto ao alumnado de infantil.

En secundaria, farase a lectura do conto nas titorías.

Posteriormente traballarase a Unidade didáctica do conto, presentada o 27 de outubro en infantil, primaria e secundaria.

O 25 de novembro, ás 12:00 gritaremos todos o lema do conto. Depois, o alumando de secundaria terá unha videoconferencia con Yolanda sobre a violencia de xénero onde poderán facer preguntas.

INICIATIVA ARCO DENTRO DO PLAN RECUPERA

I.E.S. DE COTOBADE | Plan Recupera | Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Un ano máis o noso centro participa no Programa Apoio, Reforzo de competencias e Orientación (ARCO) dirixido ao alumnado de secundaria.

Esta acción está inluida dentro do plan RECUPERA  da Consellería e está encamiñada a  reducir o impacto que a covid-19 tivo sobre o alumnado e as súas repercusións futuras, e proporcionar a atención educativa necesaria para a compensación de desigualdades xurdidas por esta situación.

A tal efecto foi nomeada unha profesora para dar apio dentro da aula.

OBRADOIROS PARA A PRIMEIRA QUINCENA DE NOVEMBRO

VIOLENCIA DIGITAL – OVIGEM

Durante a primeira quincena de novembro terán lugar no noso centro, nas horas de titoría, os seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de prevención da violencia dixital e fomento do bo trato. 1º e 2º de ESO.
  • Obradoiro de prevención da violencia de xénero. 3º e 4º de ESO.

Organiza:  GALIZA- SEDRA -FPFE

DÍA DA BIBLIOTECA

Tagged:  

Onte día 24 conmemoramos o Día das bibliotecas. Para celebralo, no día de hoxe o alumnado de Infantil e de 3º da ESO visitamos a Biblioteca Municipal do Concello de Boqueixón para realizar con eles algunhas actividades de animación á lectura.

Ademais, desde a biblioteca queremos compartir con vós diversos recursos onde poderedes consultar fondos online de arquivos de institucións, históricos... que non son de doada consulta en formato físico.

Catálogos Biblioteca Nacional de España

Hispana. Aquí atoparedes coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois.

Biblioteca Dixital de Galicia

Europeana. Aquí atoparedes todo tipo de fondos organizados por temáticas.

Minerva. Repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.

Biblioteca Virtual Galega

Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego

Orella pendella. Páxina de difusión da literatura popular infantil de Galicia

Disfrutádeos e pasade un feliz día!

APERTURA DUN NOVO PRAZO PARA INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA "O FORTE"

Tagged:  

A Xunta directiva da ANPA “O Forte”, do CPIP Antonio Orza Couto de Boqueixón, informa que quedaron prazas dispoñibles en varias actividades (ver tabla), polo que se abre un prazo extraordinario por se algunha familia quere apuntar aos seus fillos/as.

Tabla: Prazas dispoñibles por actividade e horario.

Actividades

Horario

Aforo máx.

Prazas dipoñibles

MANUALIDADES

Lúns 14:30

10

4

MULTIDEPORTE

Martes 14:30

14

10

ZUMBA

Martes 15:30

14

4

PANDEIRETA

Mércores 14:30

8

2

DANZA MODERNA

Mércores 15:30

14

7

PSICOMOTRICIDADE

Xoves 14:30

10

5

NOVAS TECNOLOXÍAS

Venres 15:30

10

4

(A información relativa ó contido da actividade e a quen vai dirixida figura na documentación que se

entregou aos rapaces no colexio o 5 de outubro).

Para os que desexen inscribirse nas actividades poderán descargar na páxina web do colexio:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiantonioorzacouto/ (buscar na columna esquerda cara

abaixo ANPA "O Forte"):

  • Folla de inscripción (dúas partes)

  • Autorización domiciliación bancaria.

  • Declaración responsable COVID-19.

que deberán mandar debidamente cuberto e asinado ao correo electrónico:

anpadoforte@gmail.com

O prazo para anotarse é dende o 22 ata o 29 de outubro.

Se inscribirán aos nenos/as por orde de entrada dos correos electrónicos ata cubrir as prazas dispoñibles e mandarase dende a Anpa, un correo electrónico confirmando ou non a inscrición na actividade.

Lembrade que se queredes ser tamén socios/as da ANPA “ O Forte” tendes de prazo para pagar a cota ata o 31 deste mes.

O Forte, 22 de outubro de 2021

Atentamente,

A Xunta directiva

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013