CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

A xunta de Galicia vén de publicar a RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Entre o 25 de outubro e o 1 de decembro terán lugar unha serie de acontecementos que darán lugar á nova configuración do Consello Escolar. Premede no documento adxunto para poder acceder as datas máis salientables

Xa podedes consultar as ACTAS cos resultados das votacións ao Consello Escolar dos distintos sectores.

SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES/ACOLLEDORES/AS

-Francisco Javier Granja Fernández entra a formar parte do Consello Escolar en substitución de Pedro Otero López que remata o seu período. Os outros tres candidatos fican como suplentes.

SECTOR DE ALUMNADO

-Fátima Liñares Rodríguez pasa a formar parte do Consello Escolar.  O resto das alumnas fican como suplentes.

SECTOR DE PROFESORES/AS

Pasarán a formar parte do Consello Escolar as tres candidatas Juana Torres Soto, Noelia Garrido Otero E Belén Mourullo Míguez en substitución de Santiago Quiroga García, Albina Iglesias Martínez e Manuel Rodís Martínez.  Este último permanecerá no consello Escolar como membro propio ao ser Xefe de estudos de secundaria.

SECTOR DE PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS (PAS)

Jose Manuel Barrio Pérez, pasa a formar parte do Consello Escolar en substitución de Mercedes González Aguiar

AdxuntoTamaño
ElecciónsConselloCircular2122.pdf118.28 KB
ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS-PAIS-TITORES-ACOLLEDORES.pdf34.92 KB
Presentación candidatura de pais-nais-titores-acolledores de alumnos.pdf431.08 KB
Candidaturas2021.pdf53.82 KB
Circular Informativa.pdf82.07 KB
Acta alumnado-1.pdf274.38 KB
Acta Pais-Nais do alumnado-1.pdf274.86 KB
Acta Profesorado-1.pdf270.83 KB


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013