Skip to Content

Programación

LENDAS

O folclore non so é música e baile, tamén son outras cousas como as lendas e crenzas dos lugares. O alumnado de 4º nivel, para contribuir ao proxecto anual do centro, que este ano vai sobre o folclore, investigou sobre algunha lenda e seres mitolóxicos de Galicia, e asi o contaron neste programa de radio.

 

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes, o día 23 de abril celebrouse o DÍA DO LIBRO, pero... Sabedes por que se escolleu esta data? E de quen foi a idea desta celebración? Non? Pois o alumnado de terceiro ten a resposta a estas preguntas e nolo contan neste programa de radio especial. Non deixedes de escoitalo para descubrir estas e outras curiosidades.

DÍA DA MULLER

Como todos xa sabedes, o día 8 de marzo celebrouse o DÍA DA MULLER. O alumnado de 2º nivel non quixo deixar pasar a oportunidade de conmemorar este día e adicoulle este programa de radio. Investigou sobre o por que deste día e como comezou todo, ademáis a música non podía estar mellor escollida. Escoitádeo!

 

SENDERISMO

O derradeiro día de escola antes das vacacións de semana santa, o alumnado de 4º, 5º e 6º nivel vai facer unha andaina. O percorrido empeza xusto debaixo da ponte internacional de Tui e chega ata o balneario de Caldelas de Tui, vila próxima ao noso concello.

Os nenos e nenas de 5º nivel, cóntannos cousas moi interesantes destas dúas poboacións, atentos! pois dannos varias pistas sobre as respostas as preguntas que a mestra Luz puxo no caderno de campo que hai que completar, escoitade!!

 

MÚSICA PARA NENOS E NENAS

Os nenos e nenas de 4º nivel estiveron investigando sobre grupos musicais que fixeran música para nenos en lingua galega, e hai un montón deles!! Estes son as súas recomendacións...

 

OS ANIMAIS

Aqui están os mais cativos da escola cun entretido programa sobre os animais. Estiveron investigando sobre os tipos de animais e descubriron unha cousa moi curiosa sobre Lúa, a tartaruga que os reis magos lles deixou como mascota. Escoitade!!

 

ENTROIDO 2019

Durante a semana de entroido, fixemos moitas actividades: inauguramos o entroido lendo un pregón, fixemos os nosos disfraces nos obradoiros, que fartura a recortar plumas!!! Non dabamos rematado!! Houbo unha gran fariñada, a ANPA convidounos a chocolate, queimamolo meco non sen antes ler o seu testamento, en fin, unha chea de cousas. O alumnado de 3º nivel nolas recorda neste programa de radio especial entroido. Escoitádeo, seguro que vos gusta...

 

 

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA ESCOLAR DA PAZ. O alumnado de 3º nivel, na clase de Relixión, preparou este programa sobre a Paz. Non deixedes de escoitalo!!

 

ANISIA MIRANDA

Esta vez, o alumnado de 5º nivel quixo homenaxear a ANISIA MIRANDA, a súa madriña de aula, investigando sobre a súa vida. Así, descubriron que era a muller de Xosé Neira Vilas, que non era galega, pero que cando aprendeu a falar á nosa lingua xa non falaba outra e que traducía textos ao galego de escritores americanos, entre outras cousas... Escoitade!

DÍA DE ROSALÍA 2019. DO XIX AO XXI LIBRE O MEU PENSAMENTO

UN ANO MÁIS, O EDLG DO CEP CARLOS CASARES, COORDINOU A PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE PROPOSTA POLA

AELG PARA HOMENAXEAR A NOSA POETISA MÁIS UNIVERSAL, ROSALÍA DE CASTRO.

NESTA OCASIÓN O LEMA ERA:

DO XIX AO XXI LIBRE O MEU PENSAMENTO.

CON ESTE LEMA PRETÉNDESE DAR VISIBILIDADE ÁS DENUNCIAS SOBRE AS INXUSTIZAS QUE XA DAQUELA FIXERA ROSALÍA E QUE AÍNDA HOXE SEGUIMOS A PADECER: A POBREZA, A EMIGRACIÓN, O DESAMPARO, A FAME, ...

A ALUMNADO DE 5º E 6º FIXERON ESTE PRECIOSO MURAL.

O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º PARTICPARON NO PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO, ROSALÍA DE CASTRO, NA NOSA EMISORA ESCOLAR, RADIO SALTAMONTES.

APETÉCEVOS ESCOITAL@S?

 

Distribuir contido


by Dr. Radut