Skip to Content

Programación

PROGRAMA ESPECIAL MAGOSTO

Programa de radio realizado polo alumnado de Valores de 4º e polo alumnado de 6º con motivo da celebración na escola do MAGOSTO, no que un dos temas a tratar foi "O mundo das abellas". Queredes escoitalo? Pois premede na imaxe.

O OUTONO

Bonito programa de radio no que os nenos de 2º nos recitan uns poemas sobre o outono. De seguro que vos encantan!

Preme na imaxe para escoitalo.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

Sabedes quen é Antonio García Teijeiro? Pois é un escritor galego ao que este ano concederon o premio nacional de literatura infantil e xuvenil de España, pola súa obra "Poemar o mar". Escoitade este programa onde se recitan algún dos versos desta obra. 

Premede na imaxe para escoitalo

HALLOWEEN OU SAMAÍN

Esta fin de semana, celebrouse en moitos países do mundo o Samaín ou Halloween. Lúa, Hugo, Javi e Nanda de 5º nivel, nos contan que, a orixe das cabazas decoradas con candeas dentro está na lenda de Jack o irlandés, queredes escoitala? Premede na imaxe.

6º NA ONDA

Programa realizado polos alumnos/as de 6º nivel onde tratan temas tan de actualidade como o referéndum de Cataluña, ou os terremotos de México. Tamén hai unha entrevista a unha alumna que chegou de Chile a finais do curso pasado, onde nos conta cousas moi interesantes do seu país. Non volo perdades!!

PROGRAMA INAUGURACIÓN DE RADIO SALTAMONTES, CURSO 17-18

Aquí estamos un ano máis para contarvos, dende o noso punto de vista, todas as noticias de actualidade que acontecen no noso centro.

Neste primeiro programa dámoslle a benvida a todos os alumnos e alumnas que se incorporan ao noso cole, e tamén a todas as mestras que chegaron novas. Non nos podemos esquecer das que repiten un ano máis, un saúdo agarimoso para todas!!

Esperamos que vos guste!! Premede na imaxe para escoitar o noso primeiro programa.

CARLOS CASARES

Escoitade este programa realizado polos nenos e nenas de 2º de EP onde nos contan moitas cousas sobre o escritor galego ao que se lle adicou o Día Das Letras Galegas 2017, Carlos Casares.

Premede na imaxe para escoitalo.

LEMBRANZAS...

Que bonitas son as lembranzas... e como nos gusta escoitar as lembranzas dos nosos maiores, pais, avós...

Escoitade este programa onde os nenos/as de 3º nivel nos contan algunhas lembranzas dos seus maiores e algunhas deles mesmos.

A nós gustounos moito, e a vós?

Premede na imaxe para escoitalo.

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Escoitade este programa tan interesante que fixeron os nenos e nenas de 4º nivel sobre o seu padriño de aula, Agustín Fernández Paz. Non volo perdades!!! Premede na imaxe para escoitalo.

KRISTINA BERG, MADRIÑA DA AULA DE INGLÉS

Derradeiro programa de radio do 2º trimestre, no que os alumnos de 4º nivel nos falan da vida de Kristina Berg, escritora sueca casada con Carlos Casares, que visitou o noso centro en xuño de 2003.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut