Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

O LIBRO VIAXEIRO DO SALUSTIANO

Que non sabedes quen é Salustiano? Pois ide ao apartado adicado a programación da radio escolar e escoitade o programiña de 1º nivel.

Salustiano é un pitiño amarelo moi amigo dos máis pequenos da escola, que quixo ir de visita a todas as casas e coñecer a todas as familias. 

Todas as actividades que fixo nas casas dos nenos, están recollidas neste libriño. Salustiano foi moi feliz este ano, fixo unha morea de cousas e aprendeu moitísimo!! Mirade.

NÉBOA 2024

Xa temos novo exemplar da revista Néboa. Aqui vos queda para que poidades botarlle unha ollada.

MURAL NA ESCOLA

Xa temos novo mural na escola!! Levounos moito traballiño, pero xa está por fin rematado o mural que decorará a parede do pavillón e que, esperamos sexa o primeiro de moitos. Para comezar fixemos unha ilustración que tivera algo que ver co proxecto da escola, "Lerias e enredos doutro tempo", que vos parece, gústavos?

LIBRO VIAXEIRO LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO

O noso alumnado de 2º, tomouse moi en serio a investigación sobre o noso proxecto anual de centro. A estas alturas de curso, estamos seguros de que todos sabedes cal é, pero por si hai algún despistado ou despistada é...LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO!!!.

Sabedes a que se adicaron durante o curso estes nenos e nenas? Pois a investigar, pregunta e indagar coa axuda dos seus familiares sobre como enredaban os seus pais, nais, avós ou avoas cando eran pequenos. Recolleron toda esa información en forma de libro e, hai que recoñecelo, quedoulles ben chulo. Aquí volo deixamos para que o comprobedes por vós mesmos/as.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2024

LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

Como xa todos e todas sabedes, o día 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano a autora homenaxeada é LUISA VILLALTA, escritora coruñesa, licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa e titulada superior en Violín, que foi membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Finou o día 6 de marzode 2004  por unha meninxite.

Se queredes investigar máis sobre esta autora, irémosvos deixando por aqui unha serie de recursos aos que podedes botar unha ollada.

DÍA DA POESÍA

O pasado día  21 de marzo foi o Día mundial da poesía. Dende a biblioteca propúxose que ese día o alumnado  elixira un poema e subira a emisora a recitalo. O alumnado colaborador da biblioteca foi o encargado de  montar o recanto con libros de poesía e asesorar aos máis pequenos na escolla dos poemas. O alumnado de 1 nivel emitiu un programa de radio especial “Día da poesía”.

 

DÍA DA MULLER DENDE A BIBLIOTECA

Durante o mes de marzo co motivo da celebración do  Día da muller repartíronse nas aulas as MOCHILAS VIOLETAS. Cada curso tivo na súa aula unha mochila violeta formada por diferentes libros relacionados coa temática e un xogo de "Adiviña quen é quen..." para traballar na aula.

 

QUE BEN O PASAMOS!!

É momento do programa de radio máis especial e emotivo do ano. O primeiro programa do alumnado de 1º nivel, que nos conta o que fan na escola. Sabedes quen é Salustiano e que fai na escola? Escoitade o descubrirédeo!

BOA ESCOITA

 

PROGRAMA MÚSICA 6º

O alumnado de 6º nivel acompáñanos a dar un paseo pola orixe e evolución da música e dos instrumentos. Queredes saber cal foi oprimeiro instrumento musical da humanidade? Pois prestade moita atención e o descubriredes.

BOA ESCOITA

Distribuir contido


by Dr. Radut