Hoxe, os ne@s de primeiro e segundo fomos de excursión. Pasámolo xenial!!!! Primeiro visitamos o Muíño da Salgada.
O Señor Amador, avó de Lara de 3º e Hugo de 6º, púxoo en funcionamento e vimos como moía o millo.
![](/centros/cepcarloscasares/system/files/u34/DSC06001_0.JPG)
![](/centros/cepcarloscasares/system/files/u34/DSC06002.JPG)
Despois merendamos no centro cultural. As mamás de Cristian, Sabela, Javier e Xavi G. de 2º acompañáronnos durante a excursión e levaron biscoito. Tamén convidaron ás profes a café. MOITAS GRAZAS MAMÁS!!!
![](/centros/cepcarloscasares/system/files/u34/DSC06023.JPG)
Vimos lampreas vivas na casa de Rocío, unha ex- alumna do cole. Moitas grazas Paco e Julia, papás de Rocío por abrirnos a vosa casa e ensinarnos estes espectaculares animais.
Para rematar esta fermosa xornada visitamos ADEGAS LA VAL onde fomos recibidos por Antonio e despois Ana contounos o proceso de elaboración do viño e ensinounos a adega. ![](/centros/cepcarloscasares/system/files/u34/DSC06029.JPG)