Chegaron as tan merecidas vacacións despois dun curso de moito traballo e aprendizaxes. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións de libros e xogos para gozar do verán. Escollede as que máis vos interesen sen peder o fermoso hábito da lectura. BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS!!!
O alumnado de 1º leu “Violeta ás agachadas” de Ramón D.Veiga, autor que visitou o noso centro no mes de abril. Despois recrearon o seu propio libro coa axuda das familias e a mestra Eva. Mirade que chulada!!!!
O xoves 25 de abril visitou o noso centro Ramón D. Veiga. Os nen@s do primeiro ciclo leron dous libros del: os de primeiro leron “Violeta ás agachadas” e os desegundo escolleron “A miñoca e o coello”.
Foi un día marabilloso no que os nen@s fixeron o seu nome con miñocas. Ramón tamén nos falou de Violeta, a súa filla, xa que moitos dos seus libros están inspirados nas súas vivenzas.
O 8 de maio foi un día moi especial no CEP Carlos Casares xa que contamos coa visita de PAULA CARBALLEIRA a escritora de “13 avisos”, o libro que lemos en 3º, 4º, 5º e 6º.
Paula contounos unha historia sobre como asustaba aos seus irmáns cando eran pequenos. Facíao tan ben e era tan expresiva que non podiamos para de rir. Que ben o pasamos!
Despois de compartir a mañá con Paula Carballeira podemos definila como unha persoa moi simpática, amable e cercana. A súa maneira de contar historias é única.