Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa" que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto Bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial, falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!!
O pasado día 21 de marzo foi o Día da poesia e do Síndrome de Down... O alumnado de 3º curso de Relixión foi á emisora a anunciar ditas datas e a recitar diferentes poemas de diferentes autores elexidos por eles mesmos co asesoramento dos colaboradores da biblioteca.
A UNESCO designou o primeiro xoves de novembro de cada ano coma o Día Internacional contra a violencia e o acoso na escola, polo que, no noso centro, durante esa semana, estivemos a traballar sobre este tema a través do programa educativo "SOMOS ÚNIC@S" da fundación Colacao, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade contra o acoso escolar.
Tamén saímos na tele. Na TVG "A REVISTA" en directo.
Aqui vos deixamos o enlace aos xogos do programa "SOMOS ÚNICOS" da Fundación Colacao cos que estivemos a traballar na clase de Relixión. Esperamos que aprendades moito con estes xogos.
Pouco a pouco imos volvendo á normalidade e recuperando actividades que, por mor de todas as restricción COVID houbo que deixar de facer. Unha delas é o festival de nadal que este ano recuperamos con moitas ganas.
Houbo de todo, teatros, bailes, música, pero este ano, o noso novo mestre de música, Fran, ideou unha actuación con luces de cores, espectacular!! Mágoa que non teñamos ningunha foto decente dela, pero así, xa sabedes, o vindeiro ano vindes ver o noso festival!!
Unha das actividades que caracterizan ao noso centro é a exposición de obxectos, preferentemente antigos, que estean relacionados co tema do proxecto anual. Durante este curso escolar, o tema escollido ten que ver coa meteoroloxía e chamámoslle "METEOALXÉN". Somos conscientes de que non era un tema doado pero, unha vez máis, as familias do noso alumnado pensaron moitísimo e, pensando, pensando, atoparon unha morea de obxectos para expoñer. Ao final quedounos unha exposición ben chula.