Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...
O pasado xoves 20 de outubro, o alumnado de 4º e 5º
A actividade foi impartida e dirixida pola artista Mercedes Prieto e o músico e bailador Serxio Covos. foi moi interesante e desfrutamos moito coas músicas de diversos países. Pasámolo Xenial!!nivel participaron na actividade de clausura do Proxecto MUS-E que se desenvolveu durante estes tres últimos cursos.
Grazas a Mercedes e a Serxio pola súa maestría sobre o escenario.
Por fin chegou o tan esperado día de regreso á escola. Nós, os mestres e mestras do CEP Carlos Casares estabamos desexando vervos de novo. Ver as vosas cariñas de incertidume por saber quen será o voso titor ou titora é marabilloso.
Ese día, todos o claustro do cole sae a recibirvos e a nosa directora Sonia da un pequeno discurso de benvida mentras vós esperades acompañados das vosas familias.
Este ano ocorriusenos sacar fotos dese momento, non o facemos nunca e sempre se bota de menos a final de curso ver todo o que cambiastes dende o comezo.
O alumnado de terceiro estivo coma tolo investigando sobre diferentes animais. Cada un/ha tivo que escoller un animal para facer unha pequena descrición del. Escolleron animais do máis variopinto. Serpe de cascabel diamantina, o coello, o gato e moitos máis... Escoitade
Como o proxecto de centro deste curso é sobre a auga e cousas relacionadas con ela, pontes, fervenzas, muíños... o alumnado de valores do 3º nivel fixo un traballo de investigación sobre todo ese tema. Buscaron adiviñas, refráns e cantigas que tiveran como tema principal a auga e ademáis deseñaron un pequeno dicionario de imaxes coas súas correspondentes definicións. se vos apetece, poderedes consultalo na biblioteca do centro.