O día 30 de xuño conmemorouse o Día da Paz e non Violencia. Para isto, ocorriusenos debuxar unha pomba enorme nun papel para logo enchela de plumas de cores. En cada unha destas plumas (unha para cada un de nós) escribimos palabras que estiveran relacionadas coa paz: amor, axuda, calma, paciencia... Ao final quedounos así de bonita e nós quedamos coa conclusión de que a paz ten que ser celebrada todos os días e que hai moitas formas de paz.
Ao día seguinte de recibir a visita dos Reis Magos e do Apalpador, tocou o turno de recibir a un montón de familias que fixeron un oquiño nas súas axenda para vir ver o noso festival de nadal! Houbo de todo, teatro, música e unha actuación sorpresa, os mestres e mestras subiron ao escenario a actuar!! (A eles failles ilusión que sigamos pensando que é sorpresa).
Dentro das xornadas de plan director, recibimos na escola a visita da garda civil para darnos unha charla sobre seguridade vial. Aprendimos como camiñar con seguridade polas rúas, estando moi atentos ás saídas dos garaxes, como debemos transportar ás mascotas nos coches e moitas cousas máis.
Tamén nos deixaron subir ao furgón e poñer a serea, foi super divertido.
Pasade pola nosa galería para ver as imaxes dese día.
O día 29 de novembro recibimos no centro dúas visitas. Unha delas eran os nenos e nenas do IES que, coma todos os anos, veñen ver a nosa exposición anual.Tiñamos tres obradoiros preparados: no primeiro, o noso alumnado de 6º nivel facía un pequeno percorrido por todos os recantos de "Lerias e enredos doutro tempo", no segundo e acompañados do mestre Fran, había un pequeno circuito con varios xogos tradicionais, birlos, bólas, rá, zancos... e no terceiro, situado na biblioteca, podía ver a exposición "Xoguetes esquecidos" e había preparado un obradoiro sobre a buxaina.
Pero a segunda visita foi a máis especial, e inesperada. Viu nada máis e nada menos que a TVG a facernos unha entrevista. Queredes ver ao noso alumnado de 6º desenvolvéndose coma verdadeiros expertos diante das cámaras? Sairon no programa A REVISTA do 29 de novembro, a partires do minunto 47:35 . Clicade na imaxe.
O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título "Lerias e enredos doutro tempo" e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.
Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.
Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, "Xoguetes Esquecidos" adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas....