Hoxe, día 21 de xuño foi o derradeiro día de curso. E coma todos os anos fomos de excursión para celebralo. Este ano tocou coñecer o interior de Galicia. Despois dunha longa viaxe en autobús, no que algún case morre de fame, (hai que ver de que xeito nos abren o apetito as excursións!!, non o podedes imaxinar...) e unha camiñata de polo menos 20km!! Bueno, seguro que non foron tantos pero a nós pareceunos, sobre todo á subida, chegamos á FERVENZA DO TOXA, espectacular!!
Despois visitamos o MOSTEIRO DE CARBOEIRO e baixamos á súa cripta. Alí os monitores explicáronnos que un cantante moi coñecido gravara un videoclip e ensinounolo ao saír.
Despois de comer fomos visitar a PONTE DO DEMO onde nos contaron unha lenda moi curiosa sobre a súa orixe, e por último estivemos tomando un xeado e xogando nos columpios da Área de Lecer de Vila de Cruces.
Chegamos moi cansos e cansas pero mereceu a pena polo ben que o pasamos.
Agora queridos nenos e nenas, desfrutade moito do verán, xogade, ide a praia ou ao río, saltade, correde pero sobre todo,
SEDE MOI FELICES!!!
Vémonos en setembro, unha aperta moi forte para todos e todas.
O pasado día 1 de marzo, o alumnado de 3º e 4º nivel acudiu ao programa da TVG, LUAR para bailar a canción de Luis Prego "O señor da serra". Durante toda a semana anterior estivemos ensaiando coa mestra Paqui a coreografía que ian bailar, esforzáronse moitísimo pois era pouco o tempo que había para ensaiar e tiñan que facelo xenial.
Ese día, pola tarde, a iso das 17:00h veu un autobús a buscarnos xunto coas mestras PAqui, Luz, Belén e Silvia que viñeron con nós. Chegamos a Santiago e nos mandaron diretamente para o noso camerino, ao noso lado había outros grupos que tamén ian actuar: a banda de gaitas de Paramos e un grupo que ia mostrar o entroido do seu pobo, unha das súas máscaras estivo tooooodo o tempo meténdose con nós, foi moi divertido!!!
Viu Luis Prego e estivemos a ensaiar con el, cada vez nos poñiamos mais nerviosos, especialmente cando nos tocou ir ao plató a ensaiar, alí estaba Gayoso!!! e botou con nós un baile .
Na viaxe de volta, as mestras ian "apostando" a ver cantos de nós quedariamos durmidos no autobús e perderon!!! Deberon durmir como seis nen@a os demás estivemos espertos toooda a viaxe, e aínda queriamos parar na área de servizo da autopista pero estaba pechada, que mágoa. Iso si, os que durmiron logo non había xeito de espertalos!!.Cando chegamos á escola eran case as 2 da mañá, menos mal que ao día seguinte non había escola!!!
Que ben o pasamos!! deixámosvos un enlace para que o poidades ver, esperamos que vos guste...
O pasado martes 11 de decembro o alumnado do 1º ciclo e do 3º nivel sairon da escola para ver unha obra de teatro "A GALIÑA AZUL" e para visitar o XARDÍN BOTÁNICO de Vigo, a Fundación Sales.
Pasárono xenial, tanto que non se lembraron de sacar fotos na representación teatral, así que so vos podemos mostrar fotos da visita ao xardín, pero polas súas caras podemos deducir que estaban felices, a que si? Que opinades?
A primeira saída do curso, estivo relacionada co proxecto de centro do curso "o folclore". Fomos visitar un museo etnográfico, o MUSEO LISTE de Vigo, unha visita moi recomendable para todo aquel que queira aprender un pouquiño máis da nosa cultura. Vimos un montón de obxectos curiosos utilizados por profesións como cereiros, carpinteiros, xastres e costureiras, menciñeiros... Aprendimos unha chea de cousas...
Despois do museo, as mestras leváronnos a outro sitio no que tamén disfrutamos, fomos a ABANCA BALAÍDOS, un campo de fútbol dun equipo de primeira división o RC CELTA DE VIGO!! que coa remodelación que lle están a facer vai quedar espectacular!! Alí puidemos entrar no campo, aínda que non nos deixaron pisar o céspede, estivemos nos vestiarios e tamén na zona de prensa onde algúns/has compañeir@s tiveron que responder ás nosas "comprometidas" preguntas.
Nesta visita a Ponteareas fomos recibidos polos Bolechas para aprender moitas cousas sobre a nosa lingua. Cantando nun karaoke e facendo algún que outro xogo aprendimos que o galego se fala de distinta maneira dependendo do lugar ou cidade no que esteamos. Por exemplo, o plural da palabra "pantalón" pode ser "pantalóns" ou "pantalois" e están ben ditas as dúas.
Aquí vos deixamos un vídeo onde Os Bolechas explican moi ben iso dos distintos xeitos de falar en galego. Esperamos que vos resulte interesante.
Un dos lugares que visitamos na saída á nosa comarca, O Condado, e que complementa o proxecto que están a levar a cabo o alumnado do segundo ciclo, foi a parroquia de Taboexa que pertenece ao concello de As Neves para coñecer os impresionantesPetróglifos da Laxe da Coutada.
Para que poidades coñecelos, partillamos os seguintes enlaces:
O 13 de febreiro, foi declarado pola Unesco, como o Día Mundial da Radio.
Este ano, coincidíu co día do desfile de Entroido, polo que a asociación pedagóxica, Ponte nas... Ondas, organizou unha xornada de retrasmisión dos distintos entroidos dos centros escolares.
Usando unha aplicación chamada Bambuser, nós tamén retrasmitimos o noso Entroido en tempo real.
COMO SABEDES, O PASADO MES DE XANEIRO PARTICIPANOS NO II CERTAME DE RADIO ESCOLAR, ORGANIZADO POLO PROXECTO CAMPUSCULTURAE, DA FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN, DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
A PROPOSTA RADIOFÓNICA QUE PRESENTAMOS LEVABA POR TÍTULO: O PERCORRIDO POLA HISTORIA DO POBO XITANO E CON ELA, FOMOS SELECCIONADOS COMO FINALISTAS !!!
PARABÉNS AOS ALUMNOS DE 6º, QUE FIXERON UN GRAN TRABALLO!!!!
AO RESULTAR FINALISTAS ASISTIREMOS Á GALA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 11 DE FEBREIRO, O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLOS
APROVEITAREMOS A VIAXE PARA VISITAR A CIDADE DA CULTURA.
XA TEMOS PENSADO DE QUE IMOS IR DISFRAZADOS!!!!!!!
MENUDA "RADIO-ENTROIDADA" IMOS MONTAR EN COMPOSTELA!!!!