Skip to Content

ERASMUS + RUSH

INAUGURACIÓN DO ENTROIDO 2020

TRABALLOS SOBRE O ENTROIDO

Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos  disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos  para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?

GLOSARIO CULINARIO

Como todos sabedes este curso estamos traballando moito arredor do tema da cociña. Unha das actividades que estamos levando a cabo en 1º e en 2º é a do Receitario Viaxeiro, onde cada familia elabora unha ou varias receitas que pasarán a formar parte do noso libro de receitas. Coa finalidade de adquirir un vocabulario específico de cociña e de poder resolver dúbidas á hora de escribir as receitas elaboramos un Glosario Culinario que tamén viaxa a cada casa xunto co Receitario e a nosa Chef Xoana.

OBRADOIRO DE COCIÑA

O alumnado do 3º ciclo fixemos varios obradoiros de cociña. A mestra Luz foi a nosa Chef e nós cociñamos suculentas recitas seguindo as súas sabias recomendacións. Unha das receitas que máis éxito tivo foi a  das filloas.          

QUE SABOROSAS NOS QUEDARON!!!

A continuación tedes un vídeo dese obradoiro. Collede papel e boli e prestade moita atención se queredes aprender a cociñar estas filloas. De seguro que deleitaredes  aos vosos familiares e amigos.

 

VISITA DO IES DE SALVATERRA

O pasado trimestre, o alumnado do IES de Salvaterra asistiu ao CEP Carlos Casares para visitar a nosa exposición de "O comedor". Foi o alumnado de 6º curso  o encargado de explicar cada unha das diferentes seccións que compoñían a exposición: os xogos de café, o salón-comedor, a louza, a cristalería, os aparellos eléctricos, a cociña e a mesa principal. 

Simultaneamente desenvolvéronse dous obradoiros máis: un de pregado de panos de mesa e outro de cociña, onde o alumnado puxo en práctica todas as súas habilidades manuais e culinarias. 

Deixámosvos un resumo con algunhas das fotos tiradas! Esperamos que non se vos poñan os dentes moi longos coas nosas suculentas sobremesas!

 

 

 

DICIONARIO DE COCIÑA PLURILINGÜE

urante o 1º trimestre o alumnado de 2º estivemos  traballando duro na elaboración dun dicionario de cociña. A idea consistía en aprender o nome dalgúns alimentos e dalgúns utensilios de cociña en varios idiomas. Aproveitamos a visita dos compañeir@s istri@s,  friulan@s e dos seus mestres e mestras para preguntarlles  como se dicían esas palabras nos seus respectivos idiomas.

Ao final fixemos un dicionario con vocabulario en galego, español, italiano, friulano, chakavo e istro veneto. Sí, Sí,... en  6 idiomas!!!

A mestra Belén encargouse  de facer a montaxe. Aquí tedes o resultado final. Quedou ESPECTACULAR!!! 

CALENDARIO 2020

Boa tarde!

Xa temos aquí o calendario 2020 que, como xa sabedes, este ano xira entorno ao proxecto do comedor. É por iso que as súas páxinas están enfeitadas cos fanásticos obxectos que formaron parte da nosa exposición, así como coas cabazas de Coco-Alxén e, como todos os anos, coas nosas familias, xuntadas neste caso arredor de mesas cheas de recordos e moito cariño. Premede sobre a imaxe para poder visualizalo:

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

RECEITAS TÍPICAS GALEGAS

Os nenos e nenas do segundo ciclo fixemos unha escolma de receitas tìpicas da nosa cociña, a cal máis saborosa. Podedes aproveitar estas datas de Nadal para cociñar en familia e, á volta xa nos contaredes que tal foi a vosa experiencia cos fogóns. De seguro que vos saíron moi ben e puidestes sorprender aos vosos invitados. 

 

O álbum elixido (aid = 7) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

PASAGALEGO

Bo día! O pasado 22 de novembro, o alumnado de 1º curso estreámonos en Radio Saltamontes, nunha cita que esperábamos con moitísima ilusión! Sorriso

 

Para tal ansiada data preparamos con moito cariño un programa moi divertido que porá a proba todo o voso coñecemento sobre a gastronomía galega. O programa chámase Pasagalego, sóavos familiar? Escoitade con moita atención para non perder pista sobre as palabras que se agochan tras cada definición!

 

Boa escoita!

EXPOSICIÓN: O COMEDOR

No CEP Carlos Casares estamos moi pero moi felices co resultado final da nosa exposición: o comedor. 

Grazas á implicación de todas as familias, claustro e alumnado; conseguimos converter o noso salón de actos nun fantástico comedor ao que non lle falta detalle, cunha manchea de obxectos de gran valor; e non podemos máis que agradecer a vosa cuantiosa xenerosidade e confianza ao partillar con toda a comunidade as vosas pezas, moitas veces cun gran valor sentimental.

Moitas e moitos de vós xa desfrutachedes da nosa exposición na Xornada de portas abertas, pero para os que non, gustaríanos deixarvos por aquí un pequeno vídeo que vos achegue ao noso comedor particular.

 

Podedes ver e descargar as fotos en: https://photos.app.goo.gl/BatUMfrvL5z2MdJJ8

Novamente, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración un ano máis!

Distribuir contido


by Dr. Radut