Skip to Content

ERASMUS + RUSH

VOTACIÓNS LOGOS RUSHMENU

O día 25 de febreiro realizouse no IES Salvaterra de Miño a elección do logotipo que representaría ao RUSHMENU. Así que alá marcharon as mestras Belén e Luz acompañadas de Adrián S. de 6º nivel e de Celia de 5º nivel, para participar nas votacións. Ía ser unha videoconferencia entre as tres delegacións, pero por problemas técnicos non se puido levar a cabo e quedou nunha conferencia, sen imaxe.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra daquel día.

RUSHMENU

Neses días que estivemos en Cividale del Friuli, ademais de compartir experiencias cos compañeiros das outras delegacións, ver como traballaban eles nos seus centros, tivemos moitas reunións de traballo onde tiñamos que poñernos dacordo sobre que iamos traballar este curso e o vindeiro. Tiña que ser un proxecto no que puideramos estar involucrados os tres países e no que que cada un puidera aportar algo. Chegamos á conclusión de que o mellor sería crear un restaurante. Ese restaurante vaise chamar RUSHTAURANT, e terá un menú degustación con platos tipicos de Istria, Friuli e Galicia. Os centros de primaria son os encargados de deseñar o logotipo que irá nese menú degustación que levará por nome RUSHMENU.

Cada delegación tivo que presentar tres logotipos e o día 25 de febreiro realizouse unha videoconferencia para facer a votación da que saiu o logo gañador.

Aquí vos deixamos imaxes de todos os logos presentados, veredes que bonitos son todos, a votación foi moi complicada!!

Estes son todos os logos do noso cole que se presentaron á primeira fase do certame, a fase de centros, de aquí sairon os que pasaron á seguinte, a fase intercentros

 E aquí tedes os logos das outras delegacións que pasaron á fase intercentros, de aquí saiu o logo gañador, o que levará o produto final do proxecto o RUSHMENU.

TRABALLO PRESENTADO O PASADO MES DE OUTUBRO EN ITALIA

O pasado mes de outubro, tres mestras do cole tiveron que viaxar ata Cividale del Friuli en Italia, para presentar o traballo que levamos feito para o programa europeo no que estamos inmersas, o proxecto RUSH de promoción das linguas minorizadas. 

Nós presentamos un resumo de todas as actividades feitas durante o curso pasado sobre o proxecto do centro "As abellas e o mel". Temos que dicir que lles encantou, quedaron abraiados de todo e do ben que traballamos!! 

Aqui volo deixamos, esperamos que vos guste tanto coma a eles.

Ademais deste magnífico traballo sobre as abellas, tamén levamos unha presentación - resumo das actividades que facemos na nosa emisora escolar RADIO SALTAMONTES, mirádea!

SAIMOS NA PRENSA

Con motivo da viaxe a Italia realizada no mes de Outubro polas mestras do centro, para poñer en común o traballo realizado o curso pasado no proxecto europeo ERASMUS+, o xornal A PENEIRA fixo este artigo que compartimos con tod@s vós.

 

Temos moitas novidades!! Iremosvos informando ao longo do curso!!

Distribuir contido


by Dr. Radut