urante o 1º trimestre o alumnado de 2º estivemos traballando duro na elaboración dun dicionario de cociña. A idea consistía en aprender o nome dalgúns alimentos e dalgúns utensilios de cociña en varios idiomas. Aproveitamos a visita dos compañeir@s istri@s, friulan@s e dos seus mestres e mestras para preguntarlles como se dicían esas palabras nos seus respectivos idiomas.
Ao final fixemos un dicionario con vocabulario en galego, español, italiano, friulano, chakavo e istro veneto. Sí, Sí,... en 6 idiomas!!!
A mestra Belén encargouse de facer a montaxe. Aquí tedes o resultado final. Quedou ESPECTACULAR!!!