Skip to Content

primeiro ciclo

PROXECTO AS TRES ERRES (REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR)

Para rematar o proxecto de Naturais das 3 R (reducir, Reutilizar e reciclar), fomos por todas as aulas do noso cole, explicando todo o que aprendemos e sobre todo dando bos consellos para reducir a cantidade de lixo e por conseguinte, protexer o medio ambiente.

Partillamos o vídeo das exposicións. Agardamos que vos guste.

 

COMEZAMOS A XOGAR COAS TÁBOAS DEMULTIPLICAR

POUCO A POUCO ÍMONOS ACHEGANDO AO INTERANTE MUNDO DAS MULTIPLICACIÓNS!!!

AQUÍ IREMOS SUBINDO UNS VÍDEOS MUSICAIS QUE FARÁN QUE APRENDER AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR SEXA MÁIS DIVERTIDO!!

 

A nosa recollida de refráns

Logo do traballo de pescuda e recollida dos refráns, este é o resultado.

 

GRAVACIÓN DA REPRESENTACIÓN TEATRAL, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, NO FESTIVAL DE NADAL 2016

Achegamos a representación teatral da obra escrita polo padriño da nosa aula, Manuel María, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA. Quermos aproveitar esta ocasión para darlle as grazas a todas as persoas que fixestes posible que a nosa actución fora un éxito.

 

Parte da ruta da visita a Cabreira.

Emma, foi a encargada de ir gravando parte da ruta que fixemos pola parroquia de Cabreira, cunha app que se chama Wikiloc. Nela pódense ir xeolocalizando os lugares de interés, facer fotos, comentarios,... Lamentamos non poder mostrar toda a ruta...Acabóusenos a batería;(

Powered by Wikiloc

PARROQUIA DE CABREIRA. ASPECTOS A ESTUDAR


MAGOSTO E COCO-ALXÉN 2016

CABAZAS PRESENTADAS PARA O CONCURSO COCO-ALXÉN 2016 POLO ALUMNADO 2º

Aquí partillamos con tod@s vós as nosas magníficas, sorprendentes, tétricas, fermosas, arrepiantese/o amorosas cabazas que decoramos coa axuda das nosas familias.

Dende aquí quero agradecer a todas as persoas que adicastes parte do voso tempo en colaborar cunha actividade que para @s nen@s é unha das máis agardadas. GRAZAS FAMILIAS!!!!

 

 

Os soños na gaiola

PARTILLAMOS CON TOD@S VÓS O RECITADO DUNHA ESCOLMA DE POEMAS DO LIBRO OS SOÑOS NA GAIOLA ESCRITO POLO PADRIÑO DA NOSA AULA, MANUEL MARÍA.

 

AS NOSAS MONTAXES XEOMÉTRICAS

A CONTINUACIÓN ÍMOSVOS MOSTRAR AS MONTAXES XEÓMETRICAS QUE FIXEMOS DURANTE O VERÁN. TIVEMOS QUE RECORTAR FIGURAS PLANAS: TRIÁNGULOS, RECTÁNGULOS E CADRADOS DE DISTINTOS TAMAÑOS E CON ELES FACER UNHA OBRA DE ARTE.

AGARDÁMOS QUE VOS GUSTEN, A NÓS ENCANTÁRONNOS TODOS OS CADROS DOS/-AS NOSO/-AS COMPAÑEIROS/-AS.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut