Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

LIBRO VIAXEIRO DAS PARROQUIAS

Os nenos e nenas de 1º nivel traballamos o "Libro viaxeiro das parroquias", no cal explicamos como é o lugar onde vivimos.

Nel escribimos as súas características físicas, número de habitantes, monumentos e lugares que ten, etc.

Ademáis colocamos fotos para que os nosos compañeiros/as poidan comprobar cómo é a nosa vila/pobo.

AUTORES CONVIDADOS

Coma todos os anos, tivemos a gran sorte de contar na nosa escola coa visita de dous magníficos escritores, David Rodríguez, autor de "Superavoa", que viu falar co alumnado de 1º e 2º, e Andrea Maceiras, autora de "Proxecto bolboreta", "Volverás golfiño" e "Conta nove estrelas" entre outras, que viu visitar aos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º. Pasamos unha mañá xenial falando de moitas cousas, fixémoslles moitas preguntas, ensinámoslles os nosos traballiños e, ao final, ata nos asinaron os libros. Eles quedaron encantados e nós, aínda máis!!

Premede aquí para ver as fotos dese día.

NÉBOA 2023

Outro ano máis, e xa van 38 edicións, temos connosco a NÉBOA, unha revista que pretende recompilar todas as actividades realizadas no noso centro ao longo deste ano.

Desta volta conseguimos reducir o seu tamaño, pero non a calidade dos artigos publicados. Aquí a tedes, esperamos que vos guste!!

CALENDARIO 2023

Por fín chegou o tan esperado calendario anual do CEP Carlos Casares!! Este ano relacionado, coma sempre, co proxecto anual, a meteorolxía. Leva por título MeteoAlxén, e foi elaborado gracias á colaboración das familias que rebuscaron no baúl dos recordos para rescatar todas as fotos que compoñen  o noso calendario. Moitas grazas a todos e a todas!! Esperamos que vos guste!!

EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro foi o Día Mundial da Paz e Non Violencia. Na biblioteca tivemos un recanto de ibros relacionados coa temática.

O alumnado de 2º coloreou un póster colaborativo e o alumnado de 1º nivel traballou o conto "Wangari e as árbores da paz". Mirade que ben lles quedou!!

 

Ademais, todo o alumnado participou na creación dun mural que leva por título "TODOS SOMOS FOLERPAS DE NEVE: ÚNICAS E DIFERENTES" no que cada neno e nena tiña que escribir un adxectivo bonito que calificara aos seus compañeiros de aula. Despois, todos eses papeis cos adxectivos que describen a cada alumno da escola foi exposto na entrada da escola. 

EN NADAL AGASALLA...

Dende o equipo de biblioteca, coma todos os anos, recoméndasenos unha serie de xogos e libros en galego adecuados para todas as idades, que nos ven de marabilla para pedirlle aos Reis Magos, por si se nos esgotan as ideas...

CLUB DE LECTURA "OS LECTUBERS"

Este curso decidimos poñer en marcha un club de lectura onde o alumnado puidera compartir as súas experiencias lectoras. Despois de facer un pequeno sondeo, advertimos que un grupiño de alumnos e alumnas de 6º nviel, estaba interesado polo que nos puxemos mans á obra. Eles e elas van ser os pioneiros/as. 

E ti, anímaste a formar parte do club de lectura??

Non esperes máis, pasa pola biblioteca e anótate. Pasaremos un bo rato falando das nosas experiencias lectoras.

DIA DE ROSALÍA

O día 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía. Como ben sabedes anteriormente celebrábase o día 24 pero hai uns anos cambiouse para o día do aniversario de- Rosalía de Castro que é o o 23. 

Para conmemorar esta data tan importante para nós, o noso alumnado realizou unha pequena adaptación das actividades propostas pola Asociación de escritores en Lingua Galega. Quedáronlles super chulas, mirade!!

#cumpriuseaxustiza#rdc_23

METEOROLOXÍA

Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...

BOA ESCOITA

Distribuir contido


by Dr. Radut