Como cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega, aportaron ás familias varias ideas interesantes en canto a lecturas e xogos recomendados para que o alumnado do noso centro puidera incluir nas súas cartas aos Reis Magos.
Durante os meses de outubro e novembro estivemos recompilando diferentes obxectos e imaxes relacionadas co proxecto anual do centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna". Foron moitas as fotografías recaudadas polo que tivemos que facer unha escolma que distribuímos por temáticas e meses do ano. Cada nivel elaborou os pés de foto de dous meses traballando así a expresión escrita. Aquí tedes a mostra do grande traballo que fixeron. Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós.
Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.
A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.
Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:
1º Experimento:
CICLO DA AUGA
Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.
Materiais:
*auga a ferver
*sal
*colorante alimentario
*film transparente (de cociña)
*culler
*cunca grande de vidro
*vaso chupito ou cunca pequena
*xeo
Pasos:
1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.
2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.
3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.
4.-Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.
5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.
Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?
Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna".
Comezámolo o día 15 de outubro coa Inauguración da nosa biblioteca no que tivo lugar a lectura do xa tradicional pregón co que se anunciou dito proxecto e no que nos falaban das normas de uso e horario da biblioteca do centro.
Na semana das LETRAS GALEGAS, o CEP Carlos Casares, encheuse de actividades en homenaxe á nosa lingua e a unha das súas grandes defensoras, a escritora Xela Arias.
Como non podía ser doutro xeito, nin o "coronavirus" puido coas nosas gañas de festexar. Houbo programa de radio especial, representación de obras de teatro, decoración de corticeiras e un emotivo festival, no que non faltaron as actuacións musicais e o baile.
Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, tivemos que celebrar o noso festival das letras ao aire libre, con distancia de seguridade e con máscara, pero sen público.
Como botamos tanto de menos os vosos aplausos, queremos compartir con todos vós, o noso traballo ao longo da semana das letras e as nosas actuacións. Para iso, o mestre de música, Miguel Ángel, preparou dúas montaxes que poderedes desfrutar premendo nas seguintes imaxes.
Aquí vos deixamos a nosa revista escolar Néboa, Nº 36, en formato dixital. Unha revista que, coma todos os anos, resultou ampla. Nada máis e nada menos que 196 páxinas de artigos que nenos e nenas elaboraron coas mestras e mestres. Parabéns polo traballo realizado!!! (Clica na imaxe para visualizala).
O salón do libro é un dos proxectos emblemáticos do Concello de Pontevedra. Entre o 23 de abril e o 9 de maio de 2021 terá lugar a XXII edición co título EMERXENCIA LITERARIA! Os libros salvan o planeta.
Aquí vos deixamos o enlace por se é do voso interese. Pódese visitar incluso durante a fin de semana. As entradas son de balde.