Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

CALENDARIO 2019

POR ESTAS DATAS, TODOS OS ANOS ESTERAMOS CALENDARIO...

O PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO É O FOLCLORE GALEGO POLO QUE O O CONTIDO DO CALENDARIO ESTÁ RELACIONADO CON ESTE TEMA.

TOD@S @S NEN@S E AS MESTRAS DO CENTRO COLABORARON NA ELABORACIÓN DOS PÉS DE FOTOS, ONDE A INFORMACIÓN QUE NELES SE RECOLLE LLE DÁ UN VALOR ENGADIDO. O EDLG DO COLE COORDINOU TODA A MONTAXE E A ELABORACIÓN DO CALENDARIO.

PARTILLÁMOLO PARA QUE TODAS AS PERSOAS QUE O DESEXEDES POIDADES DISFRUTALO E SOBRE TODO... APRENDER MOITAS COUSAS INTERESANTES DO NOSO FOLCLORE.

 AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

NÉBOA 2018

PORTADA-PAX.12

PAXS.13-30

PAXS. 31-48

PAXS.49-56

 

PAXS.57-59

 

PAXS.60-62

PAXS.63-82

PAXS. 83-105

XORNADA DE PORTAS ABERTAS. MAGOSTO FAMILIAR

PROGRAMA "A REVISTA" DA TVG EN DIRECTO DENDE O CEP CARLOS CASARES

O pasado luns 3 de decembro, a TVG estivo no noso cole por mor da exposición sobre o Folclore Galego que fixemos este ano. Parte do alumnado de 6º nivel foron os encargados de explicala e de falar coa presentadora do programa A Revista que emitiu en directo as explicacións de Lúa, Darío, Antía, Jorge e Javier. Estaban moi nerviosos pero o fixeron XENIAL!! PARABÉNS nen@s!!!

Preme na imaxe se queres ver o programa completo.

ARTIGO DO FARO DE VIGO "O FOLCLORE GALEGO. EIXO DA EXPOSICIÓN DO COLEXIO CEP CARLOS CASARES

Como xa sabedes, este ano a nosa exposición anual foi sobre o tema do "Folclore". Trouxestes tantas cousas e quedounos tan xeitosa que o Faro de Vigo publicou un artigo para mostrarlle á sociedade as cousas tan chulas que se fan no cole de Alxén. Moitas grazas familias! Sen vós non sería posible!!

VISITA DO IES AO NOSO CENTRO

Todos os anos, a finais do primeiro trimestre, convidamos ao alumnado do IES SALVATERRA DE MIÑO a visitar o noso centro. En concreto, veñen a ver a exposición que organiza o EDLG e que este ano, como xa sabedes tratou sobre o FOLCLORE GALEGO. É un día moi esperado pois adoitan vir moitos antigos alumnos e alumnas do centro e fainos moita ilusión a súa visita.

É tradición organiar tres actividades, unha delas é a propia visita á exposición cuns guías de excepción, os nenos e nenas de 6º nivel que se encargan de explicarlles todo aos maiores. Outro, soe ser na aula de informática onde, acompañados pola mestra Paqui, fan alguna actividade relacionada co tema a tratar, e por último, outro obradoiro máis. Este ano contamos coa inestimable axuda da mestra do cole xa xubilada PURI e do seu marido ANXO, que con moita paciencia e pouco tempo ensinaron a facer uns marcapáxinas cosendo uns pequenos abalorios, a pesares do pouco tempo co que contaron quearon ben xeitosos... Moitas grazas por vir a axudarnos!!

Aos nenos e nenas do IES, dicirlles que estamos encantados coa súa visita e que poden vir sempre que queiran, serán ben recibidos!!!

Ata o próximo curso!!!

SAÍDA A PONTEAREAS. "XEITOS DE FALARMOS GALEGO"

Nesta visita a Ponteareas fomos recibidos polos Bolechas para aprender moitas cousas sobre a nosa lingua. Cantando nun karaoke e facendo algún que outro xogo aprendimos que o galego se fala de distinta maneira dependendo do lugar ou cidade no que esteamos. Por exemplo, o plural da palabra "pantalón" pode ser "pantalóns" ou "pantalois" e están ben ditas as dúas.
 

 

Aquí vos deixamos un vídeo onde Os Bolechas explican moi ben iso dos distintos xeitos de falar en galego. Esperamos que vos resulte interesante. 

EXPOSICIÓN "O FOLCLORE GALEGO"

MAGOSTO 2018

E chegou o día do Magosto no CEP Carlos Casares. Neste día facemos moitas cousas, que se o concurso do COCO-ALXÉN, que se o CIRCUITO DE XOGOS POPULARES,  o SALTO DA FOGUEIRA, COMER CASTAÑAS, ben ricas, asadiñas por Manolo e Carmen (moitas grazas por estar con nós ese día)... Non damos para mais!! É un día de tolos, pero, sabedes que? É un dos mellores do ano, xunto co Entroido, as nosas caras xa o din todo como poderedes observar nesta pequena mostra do que ocorre ese día...

 

CONCURSO COCO-ALXÉN 2018

Como todos os anos, o día do magosto, tivo lugar o coñecido e esperado concurso COCO-ALXÉN, onde se premian as cabazas mais escalofriantes e terroríficas do cole. Este ano, dábase un premio especial a aquelas cabazas que tiveran relación co tema da exposición,O FOLCLORE. Durante os tres días previos ao concurso, enchéronse os corredores de cabazas "horrorosas e espantosas". O xurado o tivo moi complicado para escoller @s gañador@s. Mirade o vídeo para saber cales foron as cabazas gañadoras. 

Moitas grazas por participar!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut