Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía. O alumnado de 3º nivel quixo renderle unha pequena homenaxe adicándolle este programa de radio. A día de hoxe de seguro non hai ningún neno ou nena galegos que non saiban quen foi esta ilustre escritora galega. Outros anos, o día de Rosalía era o 24 de febreiro, queredes saber por qué este ano se cambio a data? Escoitade o programa a ver se o descubrides de paso que aprendedes moitas cousas máis desta escritora, que o desfrutedes!!

BOA ESCOITA

DÍA DA MULLER E DA NENA CIENTÍFICA

O día 11 de febreiro conmemorouse o DÍA DA MULLER E DA NENA CIENTÍFICA. Dende a unidade de igualdade da Universidade de Vigo, fixéronnos chegar uns cartaces con fotos e biografía de diferentes mulleres científicas importantes no seu campo. Fíxose unha pequena exposición na biblioteca con todos eles. Mirade que chula quedou.

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Este ano o día 23 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro. Cambiouse a data (outros anos era o 24 de febreiro) por ser o 23 o día do seu aniversario.

Sabedes quen foi Rosalía de Castro? A día de hoxe no debe haber ningun neno nin nena galega que non saiba quen foi esta ilustre escritora galega, pero por si quedara algunha dúbida, se clicades na imaxe poderes obter información sobre esta autora.

 Tamén podedes clicar nestas dúas imaxes para aprender xogando sobre a súa vida.


Que os disfrutedes!

 

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e non Violencia, data que coincide co aniversario de Mahatma Ghandi, líder pacifista que promoveu a non vilencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza.

Dende os Equipos de Dinamización e de Biblioteca propúxose crear un conto colaborativo entre todo o alumnado da escola que comezaba así: "Había unha vez unha nube que chorou pingas de paz..." Cada nivel redactou un fragmento de 2-3 oracións e despois fixemos un grande mural. Mirade que ben nos quedou!! 

Ademais, cada aula elaborou un código QR coa súa parte do conto.

 

Parágrafo 1 Parágrafo 2 Parágrafo 3
Parágrafo 4 Parágrafo 5  

LECTURAS RECOMENDADAS PARA NADAL

Como cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega, aportaron ás familias varias ideas interesantes en canto a lecturas e xogos recomendados para que o alumnado do noso centro puidera incluir nas súas cartas aos Reis Magos.

A proposta deste ano foi a seguinte:

CALENDARIO 2022

Durante os meses de outubro e novembro estivemos recompilando diferentes obxectos e imaxes relacionadas co proxecto anual do centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna". Foron moitas as fotografías recaudadas polo que tivemos que facer unha escolma que distribuímos por temáticas e meses do ano. Cada nivel elaborou os pés de foto de dous meses traballando así a expresión escrita. Aquí tedes a mostra do grande traballo que fixeron. Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós.

ATA O VINDEIRO ANO!!!

(premede na imaxe)

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Dende o club de ciencia imos facer experimentos relacionados coa auga, xa que sen auga ningún dos elementos aos que se adica este proxecto terían sentido.

A auga ocupa as tres cuartas partes do planeta, forma parte dos seres vivos, está constituída por hidróxeno e osíxeno H2O.

Dende o club de ciencia queremos que o alumnado experimente facendo. Daremos estas pautas para ser científico, e son:

 

1º Experimento:

CICLO DA AUGA

Con este experimento queremos visualizar o ciclo da auga, dende a aula experimentamos os pasos como a evaporación, a condensación e a precipitación dentro dunha cunca. A partires deste experimento faremos cambios e con eles predicións, tomaranse notas e compararemos.

Materiais:

*auga a ferver

*sal

*colorante alimentario

*film transparente (de cociña)

*culler

*cunca grande de vidro

*vaso chupito ou cunca pequena

*xeo

Pasos:

1.- Nunha cunca grande botamos o sal e o colorante alimentario.

2.- Botamos auga a ferver (será o/a mestre/a que faga este paso), remexemos.

3.- Colocamos no centro da cunda o vaso chupito ou cunca pequena.

4.- Tapamos axiña a cunca grande co film transparente, coida quitar un pouco de aire, senón fai globo.

5.- Colocamos o xeo no centro do film transparente.

Agora toca esperar. Que pasará? Choverá dentro da cunca? Como será a auga? Terá cor? Estará salgada?

 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro "A auga no patrimonio cultural e arquitectónico da contorna".

Comezámolo o día 15 de outubro coa Inauguración da nosa biblioteca no que tivo lugar a lectura do xa tradicional pregón co que se anunciou dito proxecto e no que nos falaban das normas de uso e horario da biblioteca do centro.

LIBRO DE REFRÁNS ELABORADO POLO ALUMNADO DE 3º

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana das LETRAS GALEGAS, o CEP Carlos Casares, encheuse de actividades en homenaxe á nosa lingua e a unha das súas grandes defensoras, a escritora Xela Arias.

Como non podía ser doutro xeito, nin o "coronavirus" puido coas nosas gañas de festexar. Houbo programa de radio especial, representación de obras de teatro, decoración de corticeiras e un emotivo festival, no que non faltaron as actuacións musicais e o baile.

Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, tivemos que celebrar o noso festival das letras ao aire libre, con distancia de seguridade e con máscara, pero sen público. 

Como botamos tanto de menos os vosos aplausos, queremos compartir con todos vós, o noso traballo ao longo da semana das letras e as nosas actuacións. Para iso, o mestre de música, Miguel Ángel, preparou dúas montaxes que poderedes desfrutar premendo nas seguintes imaxes.

Dentro vídeo!!!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut