Skip to Content

Programación

O CEP CARLOS CASARES CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019,NA EMISORA RMT

UNHA VEZ MÁIS O NOSO ALUMNADO DEMOSTROU A SÚA PROFESIONALIDADE E A SÚA CAPACIDADE DE DESENVOLVER ACTIVIDADES NAS QUE ELAS/ES SON OS PROTAGONISTAS.

DENDE OS INICIOS DA CREACIÓN DA ASOCIACIÓN PEDAGÓXICA ,PONTE NAS ONDAS, O CEP CARLOS CASARES VÉN COLABORAN NAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS.

ESTE ANO PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DA RADIO O ALUMNADO DO 3º CICLO, DO OBRADOIRO DE RADIO, ELABORARON POR COMPLETO O GUIÓN RADIOFÓNICO DO PROGRAMA QUE SE EMITÍU EN DIRECTO DENDE A EMISORA DE RADIO MUNICIPAL DE TUI.

O TEMA PROPOSTO ESTE ANO POLA UNESCO FOI O DIÁLOGO, A TOLERANCIA E A PAZ.

A NOSA VALORACIÓN DO PROGRAMA É DE SOBRESAÍNTE, VÓS QUE OPINADES?

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEP CARLOS CASARES QUEREMOS FELICITAR POLO SEU MAGNÍFICO TRABALLO A GEMA, HUGO,NICOLÁS, ÍKER, JORGE, ADRIÁN, BRAIS, CELIA, MAITE E LÚA. TAMÉN QUEREMOS RECOÑECER PUBLICAMENTE O GRAN TRABALLO DAS MESTRAS BELÉN E LUZ QUE SON AS ENCARGADAS A NOSA EMISORA ESOLAR, RADIO SALTAMONTES.

PARABÉNS PARA TOD@S!!! ESTAMOS MOI ORGULLOS@∫ DE VÓS!!!!!

 

Aquí vos deixamos o programa emitido polos nos@s alumn@s ese día dende Radio Municipal Tui.

 

 

 
Estaban supernerviosos pero fixérono xenial,  quen sabe, igual temos entre nós a un/has futur@s estrelas da radio. Tamén vos deixamos unha pequena presentación con fotos daquel día. Dos nervios entroulles unha fame voraz e houbo que parar a tomar un pequeno almorzo, tíñano máis que merecido!!
 
 

NA ONDA DE 6º

Xa temos aquí un novo programa, esta vez é o alumnado de 6º coa súa edición de Na Onda de 6º o que nos falará do Síndrome de Down, nos dará unhas leccións de poesía e nos contará que tal lles está indo no seu último ano na escola. Non deixedes de escoitalo!!
 
 
 

O NADAL DE 4º

Moi boas a tod@s!! Xa estamos un ano máis con todos e todas vos en RADIO SALTAMONTES!! Botástenos moito de menos? De seguro que si... Pois xa estamos de volta para informarvos puntualmente de todo o que acontece na nosa escola. Queremos pedir desculpas por tardar tanto en publicar, por problemas técnicos non foi posible facelo antes, pero, a partires de agora intentaremos non faltar ningunha semana.
 
Para comezar, deixámosvos co primeiro programa deste trimestre, realizado polo alumnado de 4º nivel. Esperamos que vos guste. Un saúdo!!
 
 
 
 
 

As mulleres e o deporte

E para continuar co tema deste ano o alumnado de valores de 4º nivel investigou sobre mulleres deportistas de especial relevancia no panorama deportivo mundial. Así, escoitando este programa aprenderemos cousas sobre mulleres que destacan nalgún deporte como por exemplo, Mireia Belmonte, Simone Biles, Vanesa Williams ou a galega Ana Peleteiro. 

AS NOSAS CIENTÍFICAS FAVORITAS

O alumnado de 5º, seguindo co tema deste curso "Mulleres Científicas" investigou sobre estas dúas mulleres, Minia Manteiga e Antonia Ferrín. Queredes saber quen son estas mulleres e a que se adicaron? Pois escoitade!!

MULLERES CIENTÍFICAS ARREDOR DO MUNDO

Os nenos e nenas de 6º estiveron investigando sobre mulleres importantes no campo da ciencia e atoparon unhas poucas. Tamén descubriron que houbo moitas inxustizas que non podemos consentir que sigan sucedendo. Premede na imaxe para escoitar o programa.

DÍA DA MULLER

Escoitade este programa de radio realizado polas alumnas de 3º nivel con motivo da conmemoración do día da muller, o 8 de marzo. Premede na imaxe.

OS NARRADORES DE 1º

Os nenos/as de 1º nivel, quixeron amosarnos os seus avances e nada mellor que recitarnos unhas poesías da autora galega Rosalía de Castro. Tamén quixeron contarnos unha historia da que non saberemos o desenlace ata a vindeira emisión. Queredes axudar a construir o final? Pasade pola aula de 1º  para dar as vosas ideas, pero antes teredes que saber de que vai non? Pois premede na imaxe e escoitade con atención.

DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía e o alumnado de 4º nivel quixo homenaxeala adicándolle este programa de radio. Queredes escoitalo? Pois premede na imaxe

OS XOGOS TRADICIONAIS

Dende Ponte... Nas Ondas propuxéronnos participar no Día Mundial da Radio, celebrado o día 13 de febreiro. Nós, non fomos quen de negarnos e decidimos facer este programa especial sobre xogos tradicionais de diferentes países, aproveitando que contamos con familias de diversas nacionalidades, Brasil, Italia... Tamén con xogos de aquí, de Galicia. 

Escoitade, a ver se recoñecedes a alguén!!

Distribuir contido


by Dr. Radut