Skip to Content

Programación

SUSANA RODRÍGUEZ, ATLETA PARALÍMPICA

O alumnado de 6º nivel invetigou sobre a atleta paralímpica Susana Rodríguez. Sabiades que é de Vigo? E que ademáis de atleta é médico? Pois escoitade este programa e descubriredes moitas cousas máis...

BOA ESCOITA

LONDON "STRANGER THINGS"

Ola de novo, e benvid@s a un novo programa de radio saltamontes. Desta vez é o alumnado de 3ª nivel o que nos conta cousas moi curiosas sobre a capital de Gran Bretaña. Sabiades que ten un dos entroidos onde máis xente participa? E que nunha estación de metro está o carriño de Harry Potter? E que houbo un grandísimo incendio que queimou toda a cidade? A que non tiñades nin idea... Pois escoitade o seu programa que hai moitas cousas curiosas para descubrir...

                                                          BOA ESCOITA

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O día 25 de novembro foi o día internacional contra a violencia machista e non quixemos pasar a oportunidade de realizar un intereseante programa de radio sobre este tema tan importante na actualidade. Está realizado polo alumnado de valores de 6º nivel.

BOA ESCOITA

A FESTA DOS MÚSICOS

Desta volta, no programa de radio, o alumnado de 4º nivel nos descubre un dato curioso sobre o gremio dos músicos. Todos os traballos teñen un patrón, un día que celebrar, o patrón dos mestres é San Xosé de Calasanz (27 de novembro), o dos aquitectos é Santo Tomás... Sabedes que os músicos tamén teñen un día no que celebran a súa festa, pero sabiades que non é un patrón senón unha patroa? Escoitadeos para descubrir máis cousas...

BOA ESCOITA

THANKSGIVING DAY

Desta vez é o alumnado de 6º o que se pon aos micrófonos para contarnos cousas interesantísimas sobre o Día de Acción de Gracias e tamén sobre o día seguinte, que sabedes como se coñece a ese venres? Escoitade atentamente a ver se o descubrides!

 BOA ESCOITA

ESPECIAL MAGOSTO

Agora, tócalle o turno aos máis cativos da escola, o alumnado de 1º nivel, que se estrean nesto da radio cun programa especial adicado ao Magosto. Nel, vannos deleitar cuns poemas relacionados coas castañas. Estaban moi nerviosos e nerviosas pero fixerono xenial, escoitadeos!!

 BOA ESCOITA!

UN MUNDO DE AUGA

Esta vez tócalle o turno ao alumnado de 2º nivel e, sabedes de que nos van falar? Dun tema que para nós é moi importante. Trátase do proxecto sobre o que imos traballar este curso e sobre o que se deseñará o calendario do vindeiro curso. Xa o adiviñastes? A auga!! A verdade é que non sabiamos que a auga tiña tantas cousas curiosas, menos mal que os nosos compañeiros e compañeiras fixeron un magnífico traballo de investigación para contárnolas. Moitas grazas!! Aqui vos queda o seu programiña.

BOA ESCOITA

ANIMAIS CURIOSOS

Queridos oíntes da nosa emisora, hoxe o alumnado de 4º vainos contar cousiñas moi interesantes dos nosos amigos os animais. Queredes saber datos curiosos sobre as vespas, cans, gatos, cabalos, cabaliños de mar e osos panda? Pois escoitade o seu programa. Encantaravos!

 
BOA ESCOITA

FALAMOS DO CLIMA

Hoxe, o alumnado de 5º nivel vainos falar dos diferentes climas que hai no planeta. Centraranse principalmente no clima de Galicia, sabedes cal é? Escoitade atentamente o seu programa e o descubriredes.

 

 
BOA ESCOITA

PROGRAMA ESPECIAL

  Queridos oíntes de Radio Saltamontes, este é un programa de radio moi moi especial.

  Debería ser un programa no que os e as mestres e mestras novos foran entrevistados peeeeero, hoxe día 8 de outubro é unha data triste para o Carlos Casares. Unha das nosas mestras comeza unha nova etapa na súa vida, a mestra Luz de EF xubílase. O que ela non sabe son todas as sorpresas que lle agardan e este programa é unha delas. Vai ser ela a entrevistada, vai ser ela a que se poña tras os micros, a que se poña nerviosa ao ser sometida a todas as preguntiñas que lle temos preparadas.

  Como todos e todas sabedes, é unha mestra de "poucas palabras" por iso deixamos un enlace para poder escoitar a súa entrevista. Non a perdades, de seguro pasaredes un bo rato escoitándoa. Clicade na imaxe para ir ao programa.

BOA ESCOITA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut