Skip to Content

Programación

ESPECIAL NADAL

E chegamos ao fin do trimestre con este programa realizado polo alumnado de 4º nivel da clase de Relixión. Desexámosvos un moi bo nadal e que pasedes unhas boas vacacións. Descansade moito e vinde preparados para o vindeiro trimestre que virá cargadiño de novidade e celebracións. Vémonos no 2023!!

BOA ESCOITA

CANCIÓNS DE NADAL ALTERNATIVAS

Estámonos achegando ao Nadal e xa empezan a soar por todas as esquinas as mesmas cancións de sempre. O alumnado de 4º nivel proponnos outras versións desas cancións de nadal de sempre. Que vos parecería escoitar poder escoitar rock ou incluso heavy metal e que siga sendo nadal? Que non o credes? Pois escoitade e desfrutade...

BOA ESCOITA

 

AIRIÑOS DE OUTONO

O alumnado de 1º nivel estréase na nosa radio escolar con este programa tan bonito de adiviñas, e palabriñas que aprenderon no que vai de curso. Traballaron moitísimo e aprenderon un montón! Estaban moi nerviosos e nerviosas pero fixérno xenial! Escoitádeos!

BOA ESCOITA

25N DÍA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar esta data o alumnado de 6º nivel cóntanos moitas cousas interesantes. Sabiades por que se escolleu esta data? Cóntannolo neste programa xunto con moitas outras cousas máis, incluso ata hai unha canción inédita!!

BOA ESCOITA

ESPECIAL DÍA DA MÚSICA

Para conmemorar o día da música, o alumnado de 5º nivel, axudados polo mestre Frany, realizou este programa especial para o que contaron cun invitado especial, un músico de carne e óso que se prestou a pasar con nós un ratiño. Queredes saber quen é e que instrumento toca? Pois prestade atención...

BOA ESCOITA

O MAGOSTO

Chega unha das festas máis esperadas do curso, O MAGOSTO! Como nos gusta esta celebración, COCO ALXÉN, a xornada de xogos populares, saltar a fogueira e sobre todo, as castañas asadas!! Moitas grazas ás nosas benqueridas Carmen, Estela e Karen.

O alumnado de 2º nivel fixo este programiña sobre o magosto que tamén será emitido na xornada de portas abertas que organiza a ANPA.

BOA ESCOITA

O SISTEMA SOLAR

O alumnado de terceiro nivel é un gran coñecedor do sistema solar. Mirade cantas cousas saben!

BOA ESCOITA

METEOROLOXÍA

Aproveitando que o tema deste curso é a meteoroloxía, o alumnado de 4º nivel fixo unha gran pescuda para averiguar cousas moi interesantes sobre ela. Sabedes que os animais son boísimos predicindo o tempo que vai facer? Escoitade e aprendede...

BOA ESCOITA

LENDAS

Queredes escoitar algunha lenda interesante e algunha outra terrorífica de Galicia? Non vos perdades este prograna realizado polos nosos compañeiros e compañeiras de 5º nivel. Escoitade moi atentos á lenda de Paula...

BOA ESCOITA 

ENTREVISTA MESTRES II

Como dixemos no programa anterior, precisamos dous días de entrevistas. Aquí está a segunda parte. Desta volta toca entrevistar as mestras Rosana, Pili, Eva Al e Uxía.

BOA ESCOITA

Distribuir contido


by Dr. Radut