Skip to Content

Programación

DÍA DA MULLER

O día 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller. O alumnado de 4º quixo adicarlle o seu programa de radio a este día tan importante. Queredes saber por qué se conmemora o día 8 de marzo ou por qué se escolleu a cor morada? Escoitade a Paula, Nicolás, Axel, Níobe, Emile, Sara e Sergio.

BOA ESCOITA

SALVATERRA DE MIÑO

O noso alumnado chegado por primeira vez ao CEP Carlos Casares decidiu investigar sobre o concello no que está situado o centro, Salvaterra de Miño. Descubriron cousas tan interesantes que pensaron que sería unha idea magnífica compartir a súa sabiduría con todos e todas nós. A nós pareceunos unha idea brillante, a ver que vos parece a vós. Estaban moi nerviosos, isto de falar diante dun micro impón moito respecto, pero fixérono xenia! Escoitádeos!!

BOA ESCOITA

ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía. O alumnado de 3º nivel quixo renderle unha pequena homenaxe adicándolle este programa de radio. A día de hoxe de seguro non hai ningún neno ou nena galegos que non saiban quen foi esta ilustre escritora galega. Outros anos, o día de Rosalía era o 24 de febreiro, queredes saber por qué este ano se cambio a data? Escoitade o programa a ver se o descubrides de paso que aprendedes moitas cousas máis desta escritora, que o desfrutedes!!

BOA ESCOITA

PROGRAMA ESPECIAL ENTROIDO 2022

Damoslle a benvida ao entroido cun programa de radio realizado polo alumnado de 5º nivel, onde nos contan refráns e adiviñas relacionadas con entroido, acertarédelas? Descubrideo escoitando o programa e QUE VIVA O ENTROIDO!!!

BOA ESCOITA

 

MANUEL MARÍA (padriño da aula de 2º nivel)

O alumnado do 2º nivel ten como padriño de aula a Manuel María e como non tiñan moi claro quen era, máis alá de que era un escritor galego, decidiron investigar un pouquiño sobre el e adicarlle o programa de radio deste trimestre. Quedoulles moi bonito e ademaís fixérono moi pero que moi ben. Escoitádeos!!

BOA ESCOITA

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como xa todos e todas sabedes, o día 30 de xaneiro conmemórase o día da Paz e non violencia. O alumnado de 4º nivel, en colaboración co alumnado de 2º e coa axuda da mestra Silvia, realizaron este programa adicado á Paz. Non o perdades!!

BOA ESCOITA

BENVIDA AO NOVO PROFESORADO DO CENTRO (PARTE II)

Esta é a segunda parte do programa anterior, como son tantos, tivemos que facelo en dúas partes...

Quedounos un pouquiño longo asi que clicade na imaxe para escoitalo.

BOA ESCOITA

 

BENVIDA AO NOVO PROFESORADO DO CENTRO (PARTE I)

Este curso o profesorado que chegou por primeira vez á escola estaba moi tranquilo pensando que se ian librar da nosa tradicional entrevista na radio escolar. Non sabían que iso o podiamos facer en calquera momento do curso. O certo é que debería ter sido en setembro pero tivemos que pospoñelo por unha boa razón.

Chegou o momento de que saibamos un pouco máis donos novo profesorado, escoitade con atención este programa de entrevistas con preguntas un tanto atípicas...

BOA ESCOITA

CARTA AOS REIS MAGOS

Unha actividade a realizar no derradeiro día de escola do trimestre é a lectura da xa tradicional carta ás súa maxestades os Reis Magos. Todo os niveis do cole, dende 1º ata 6º chegan a acordos para pedirlle aos Reis uns agasallos en compensación polo ben que se portan e o moito que traballan e sabedes que? Case sempre lles traen o que lles piden, por que será?

Aqui vos queda a carta deste curso, por se queredes escoitala.

BOA ESCOITA

NADAL 2021

Moi bos días a todos, con este program especial de nadal despedímonos, e como todos os anos rematamos as emisións do primeiro trimestre. Esperamos que vos guste moito e ATA O VINDEIRO ANO!! Que pasedes moi boas festas e recordade, SENTIDIÑO!!

Ah! tamén desvelamos o gañador ou gañadora do concurso da nova mascota da biblioteca!! Parabéns a todos os participantes

BOA ESCOITA!

Distribuir contido


by Dr. Radut