Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

PROMOCIÓN 2013-2022

promoción 2022

orla 6

 

A COCIÑA TEN QUÍMICA

A cociña é todo un laboratorio de ciencias e matemáticas

Estudamos substancias, a súa orixe, propiedades, as mesturas homoxéneas e heteroxéneas, cambios físicos e químicos. Tamén medimos cantidades e cambiamos as proporcións da receita... A actividade rematou coa degustación do produto final ;-)

MasterChef da cociña de 6º EP

química da cociña

Excursión ACOUGO, centro de ocio Na Natureza

O alumnado de Educación infantil pasa o día no centro de ocio Acougo

Os máis pequenos pasárono en grande paseando en barca, coidando animais, construíndo refuxios, identificando pegadas... Foi unha experiencia moi chula. Todas as fotos na galería, fai click na imaxe.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Excursión Educación Infantil

Excursión á Casa do Patrón

Hoxe as rapazas e rapaces de 3º e 4º gozaron dun divertido día na Casa do Patrón de Lalín

Álbum: Curso 2021-2022 -> Excursión Casa do Patrón-Lalín

EXCURSIÓN LODOSELO 1º E 2º DE PRIMARIA

E ao fin chegaron as desexadas saídas...ben merecidas cas tiñamos!!

Hoxe foron as rapazas e os rapaces de 1º e 2º os que marcharon a Lodoselo: fixeron pan, plantaron unha árbore, pasearon en carro, coidaron animais, visitaron o xardín dos sentidos, contacontos....

Día das Letras Galegas na clase de 4 anos

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades realizadas na clase de  4º de infantil, celebrando o Día das Letras e descubrindo a Florencio Delgado Gurriarán.

letras galegas inf

 

Dirixida a todo o alumnado matriculado en Educación Primaria para o vindeiro curso 2022-2023.

Poderase solicitar de maneira telemática a través da aplicación fondolibros ou de maneira presencial entregando a documentación no centro antes do 22 de xuño.

Para máis información non dubiden en chamar.

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Заява про надання допомоги на придбання підручників та шкільного приладдя на 2022-2023 н.р.

Зверніться до освітнього центру для оформлення документації до 22 червня

FESTA DAS LETRAS

Letras Galegas 2022

"Galicia infinda" é un libro de poemas de Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés, a quen se lle dedica  o día das Letras Galegas. "A súa vida foi unha chea de atrancos pero tamén de alegrías polo seu amor á lingua e á cultura galegas" Primavera das Letras

Fai click nos enlaces interactivos para ver diferentes actuacións e traballos. Cartel realizado polo alumnado de 5º de EP. 

Superfinal Reto Digicraft

Os DigiCrafters de 6º sumámonos ao movemento "Acción polo planeta" creando  unha maqueta con varios  inventos cos que conseguiremos un planeta máis sostible.

Este é a nosa cidade autosuficiente que reduce a contaminación e coida o medio ambiente. Ten varios sistemas domóticos: A xoaniña composteira, recollida da auga da chuvia e rego programado, o espantallo intelixente, Música nocturna e robots que recollen o lixo.

final reto

Con este proxecto traballamos de xeito colaborativo para  dar solucións a problemas reais.

O vindeiro mércores expoñeremos o noso proxecto na fase final autonómica no Edificio Fontán da Cidade de Cultura de Santiago.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Final Digicraft

Lectura Bilingüe: castelán-ucraíno

Día do Libro

Sofía, Diana, Ariadna, Sneshana, Saray e Dmytro, entre outro@s, participaron nunha lectura compartida do conto "El lugar más seguro del mundo"/ НАЙБЕЗПЕЧНІШЕ МІСЦЕ НА ЗЕМЛІ: Libro infantil ilustrado ESPAÑOL-UCRANIANO (EDICIÓN BILINGÜE) de PHILIPP WINTERBERG.

  lectura bilingüe

 Maleta viaxeira para a acollida do alumnado desprazado polo conflito en Ucraína.

Distribuir contido


by Dr. Radut