O 27 de marzo tivemos no cole a actividade TI CONTAS, organizada polo Concello de Ourense, sobre a prevención de incendios forestais.
Inma Soto achegou ao alumnado a este tema tan relevante a través de tres interesantes actividades. Comezou contando un conto, no que o corzo Xuri tiña que fuxir do lume en compañía dos seus amigos. Despois, os nenos e nenas convertéronse en auténticos xornalistas escribindo unha noticia sobre un incendio no bosque. Por último, saímos ao patio e gozamos dun xogo na natureza onde tiñamos que ter atentos os cinco sentidos.