Actividade escornabótica inspirada na carreira do San Martiño.
É un xogo con cartas, cada carta ten distintas preguntiñas: de completar, bailar, historia... por un lado e, polo outro, ten unha imaxe igual que as que aparecen no taboleiro.
Pódese xogar individualmente ou por equipos. Cada equipo escolle as cartas, e xa ten o seu percorrido, Ollo! hai algunhas celas prohibidas polas que o robot non pode pasar.
Modificamos o desprazamento dos robots de 10 a 15 cm para que o robot percorrese máis espazo, como nunha carreira.
Aínda que o xogo ten moitas posibilidades, estas son algunhas das dináminas de xogo que realizamos nós:
E. Infantil.
1. ROBÓTICA E ABN. Cada xogador/a tira o dado, establece o percorrido segundo o nº que lle saíu para chegar a unha tarxeta e contestar á pregunta.
E. Primaria:
2. A carta que se escolle marca a cela á que ten que programar o robot, o percorrido escólleo cada xogador/a, é necesario responder á pregunta para seguir xogando.
Protocolo covid: Xogamos no Salón de Actos, un lugar amplio con ventilación natural permanente; uso de máscara; desinfección de mans tras xogar, dos escornabots, das cartas e todas as superficies con 70% alchohol en spray. Un grupo/clase cada sesión e desinfección por parte do persoal de limpeza entre grupo e grupo.
Debuxos realizados polos rapaces de 5º e 6º e as preguntas están inspiradas na canción que cantamos "Vive o Magosto" de J. Manuel López Cabana