Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Lectura Bilingüe: castelán-ucraíno

Día do Libro

Sofía, Diana, Ariadna, Sneshana, Saray e Dmytro, entre outro@s, participaron nunha lectura compartida do conto "El lugar más seguro del mundo"/ НАЙБЕЗПЕЧНІШЕ МІСЦЕ НА ЗЕМЛІ: Libro infantil ilustrado ESPAÑOL-UCRANIANO (EDICIÓN BILINGÜE) de PHILIPP WINTERBERG.

  lectura bilingüe

 Maleta viaxeira para a acollida do alumnado desprazado polo conflito en Ucraína.

DÍA DA TERRA

As nenas e nenos de 4º de Educación Infantil levan varias xornadas traballando sobre o coidado do noso planeta, dos animais e da natureza. Todo a través do conto de Sarah Roberts ¡Alquien se ha tragado a Lola!

E hoxe, Día da Terra déixannos un pequeno resumo de todo o feito.

RECUNCHO VERDE

E coa chegada da primavera comezamos co aproveitamento deste pequeno pero incrible espazo.

Areeiro, árbores, horto...

O recuncho verde do CEIP Vistahermosa.

 Álbum de fotos do horto escolar

2ª VISITA AO RÍO LONIA

"O que se coñece quérese e o que se quere, cóidase"

Hoxe tivo lugar a segunda visita ao río Lonia, a  actividade consistiu nunha Gincana onde alumnado de 5º e 6º, agrupado en 4 equipos, debía superar unha serie de probas e conseguir tarxetas para resolver un enigma.

rio-fauna

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tiñan que aplicar o aprendido na primeira visita para ir resolvendo distintos retos a través de accións dinámincas como depurar auga, atopar distintos animais coa axuda de prismáticos, recoñecer animais bioindicadores da calidade da auga, comprobar os parámetros físico-químicos realizando medicións (temperatura, ph, condutividade...) descubrir as árbores fixándose na forma da súas follas...

gustame río

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nesta segunda saída participaron tamén os tres compañeiros/as ucranianos que a pesar da barreira do idioma desfrutaron da xornada. Velaquí o álbum de diapositivas con máis imaxes:

 "Me Gusta Mi Río" é un programa de educación ambiental promovido desde a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Gústame o meu río

Desexámosche moita sorte nesta nova etapa, moitas grazas pola túa entrega e vocación durante estes anos que compartimos.

 carta profe ángeles

Bo camiño Ánxeles!

ACTIVIDADES NO RÍO LONIA

Actividade "Gústame o meu río: ensíname a coidalo"

Promovida pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS)

Alumn@s e mestres desprazámonos ata o río para participar nunha clase medioambiental totalmente práctica: Convertémonos en investigadores e investigadoras arredor de 4 mesas de traballo colocadas á beira do río Loña, nas que repasamos o ciclo da auga, a fotosíntese e a evapotranspiración de xeito práctico. Medimos os niveis de PH, Temperatura, Turbiedade e de osíxeno da auga. E recoñecemos pegadas da fauna e macroinvertebrados presentes na auga e nas proximidades.

Estas actividades promoven o contacto co entorno natural e fomentan actitudes respectuosas co medio ambiente e en especial coa auga e cos ecosistemas fluviais.

actividade gústame o río

río Loña

- MÁIS FOTOS NA GALERÍA DE IMAXES

 

EMERXENCIA, XOGO SIMBÓLICO

En infantil, xogamos a resolver unha emerxencia e asi tamén lle dimos unha utilidade ao noso teléfono que comunica a aula de 4º coa de 5º de infantil. 

# 8 M VOCES BRAVAS

Día Internacional da Muller

- Quen e Quen? Mulleres relevantes na historia. Xogo para identificar ás mulleres polo seu legado na historia.
 
 - Algo que dicir. Realizamos pancartas con frases feministas e mensaxes reivindicativas sobre: Igualdade, dereitos, a paz, contra a violencia, liberdade...
 
 
- Algo que contar
"Monstro Rosa", Trata a diversidade e a liberdade  e "Monstro Azul",Trata o respecto, a convivencia e a empatía, de Olga de Dios.
 "Que lles pasa ás princesas?" de Felicia Redondo. ...Están fartas de facer sempre o mesmo. Xogo de atención, co escornabot, para buscar no taboleiro os príncipes ras iguais.
 
- Adaptación da letra da canción Ai Mamá de Rigoberta Bandini e interpretación durante a concentración no patio.
aimama pancarta 8m 

- Concentración pola Igualdade. Dedicada ás mulleres máis importantes da nosa vida.

 

 
 

ENTROIDO 2022

Semana intensa e animada no colexio

- Mandatos do Meco: co aniversario de Rosalía de Castro integrado.

- Desfile: seguindo o proxecto da biblioteca deste ano "ECOMUNDI", concienciándonos sobre o respecto e o coidado do noso planeta.

- Baile: preparación dunha coreografía para a canción "Madre Tierra" de Chayanne na que participou todo o alumnado do centro.

Aquí unha pequena mostra do acontecido.

Álbum de diapositivas O Entroido EcoMundi

Distribuir contido


by Dr. Radut