"O que se coñece quérese e o que se quere, cóidase"
Hoxe tivo lugar a segunda visita ao río Lonia, a actividade consistiu nunha Gincana onde alumnado de 5º e 6º, agrupado en 4 equipos, debía superar unha serie de probas e conseguir tarxetas para resolver un enigma.
Tiñan que aplicar o aprendido na primeira visita para ir resolvendo distintos retos a través de accións dinámincas como depurar auga, atopar distintos animais coa axuda de prismáticos, recoñecer animais bioindicadores da calidade da auga, comprobar os parámetros físico-químicos realizando medicións (temperatura, ph, condutividade...) descubrir as árbores fixándose na forma da súas follas...
Nesta segunda saída participaron tamén os tres compañeiros/as ucranianos que a pesar da barreira do idioma desfrutaron da xornada. Velaquí o álbum de diapositivas con máis imaxes: