Skip to Content

Articles

VISITA DE DAVID ARCAY

 

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Vistahermosa recibiu hoxe a visita do deportista galego David Arcay.

O pentacampión do mundo de pesca a mosca foi o protagonista de dúas sesións nas que explicou aos rapazes e rapazas como disfrutar dos ríos, facendo o menor dano posible aos cauces e aos peixes, achegándoos á pesca sostible e a captura e solta.

Esta actividade, impulsada por la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda busca dar a coñecer os ecosistemas acuáticos, a fauna e a flora das áreas fluviais de Galicia, ademáis de concienciar aos máis cativos sobre os problemas medioambientais e a importancia do respecto ao entorno natural.

Dende o CEIP Vistahermosa agradecemos a David a gran labor de concienciación que está a desenvolver entre as xeracións máis novas e que, de seguro, terá os seus froitos nos vindeiros anos.

SAÍDA MARCELLE 3º E 4º

E o venres foi o turno de 3º e 4º que se desprazaron ata Outeiro de Rei para visitar MARCELLE NATUREZA. Un espacio onde puideron coñecer e ver na realidade innumerables especies de animais e descubriron a historia da meirande parte deles.

Unha xornada moi proveitosa e divertida onde tampouco faltaron a convivencia os xogos e as cancións.

Coidando o noso pequeno horto

E coa chegada do bo tempo púxose en marcha o noso horto: Malas herbas arrincadas, tomates estacados, todo regado e primeiras colleitas.

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria marchou á primeira hora da mañá á Coruña para visitar a Casa das Ciencias, o Planetario, o Acuario e a Torre de Hércules.

Aprendemos unha chea de cousas: que os dinosaurios non se extinguiron, experimentamos coa física sobre todo cos péndulos, co son, descubrimos o electromagnetismo. No acuario desfrutamos enormemente e descubrimos moitas cousas sobre as focas, os tiburóns, o ajolote, as anémonas, as sepias...

Galería de imaxes

galeria imaxes

Base contraincendios de Toén

Visita á base de helicópteros 

Bo día familias, déixovos por aquí un pequeno resumo dos bos momentos que vivimos na saída do venres.

Vistahermosa visita a Base Helicópteros

 Un día xenial

Podedes descargar a presentación no ficheiro adxunto

#8M GAITEIRAS LAPBOOK

Día Internacional da Muller

O alumnado de 6º de EP investigou e desfrutou da música das gaiteiras Cristina Pato e Susana Seivane. Este Lapbook é unha homenaxe a estas mulleres influíntes na área musical e interpretativa.

Con este libro interactivo desenvolven distintas habilidades STEAM,  rompendo cos estereotipos de xénero e potenciando un achegamento ao ámbito científico-tecnolóxico soldando e cableando circuítos eléctricos dun xeito creativo e estético.

lapbookgaiteiras

- 8m lapbook gaiteiras de salial

FLUÍDOS NON NEWTONIANOS

#11F Día da Muller e a nena na ciencia

A saliva das rás é un fluído Non Newtoniano que pode variar a súa viscosidade en función
da velocidade coa que a ra retrae a lingua.
As areas movedizas, o xel, o sangue, o iogur, o mel, a pintura... son algúns exemplos de
líquidos non newtonianos que poden comportarse como sólidos ou líquidos en función da
presión que lle apliquemos.
OBRADOIRO de Física Divertida: Viscosidade de Fluídos

Esta actividade ten como finalidade mostrar o traballo de enxeñeiras e científicas da USC  nas disciplinas coñecidas como STEM e o recoñecemento ao papel clave que desempeñan na comunidade científica e na tecnoloxía. Visualizamos os  vídeos compartidos pola USC e realizamos varios obradoiros. 

11 F día Nena na Ciencia de salial

"Garavanciño come saniño"

O mércores 24 de xaneiro ás rapazas e rapaces de 1º de Primaria recibiron a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

Laboratorio: Os elementos dun circuíto

A corrente eléctrica circula nos nosos fogares a través de circuítos eléctricos que a distribúen por todas as habitacións. Estes circuítos eléctricos permiten que se ilumine a lámpada cando acendemos un interruptor ou que se poña en marcha un electrodoméstico ao enchufalo á rede.

EXPERIMENTO para identificar os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. 

circuíto eléctrico de salial



by Dr. Radut