"Observar é máis que mirar e ver"
O ovo é un alimento saudable e nutritivo que forma parte da nosa dieta.
Para saber máis:
1º- Examinamos o seu envase e comprobamos a data de caducidade e o valor nutritivo do alimento.
2º- Cascamos o ovo e describimos a xema e a clara.
3º- Cocemos ovos, quitámoslle a casca e recoñecemos a súa membrana exterior e a cámara de aire.
4º- Disfrutamos dunha degustación de ovos cocidos.
5º- Fixemos fotos, vídeos e documentamos todo o proceso:
PRACTICA...
Que lle pasa ao ovo cando o somerxes no vinagre?
Introduce un ovo nun tarro con vinagre e vai anotando o que observas
Día 1- Ao somerxer o ovo en vinagre, ten lugar unha reacción química. O vinagre que é un ácido (ácido acético) reacciona coa casca que está composta por carbono e calcio (carbonato cálcico.) O ácido disolve a casca e nese proceso libera dióxido de carbono que son as burbullas que rodean o ovo. O olor que desprende é un tanto desagradable, polo que é unha boa idea ter o tarro tapado.
Día 3- Unha vez “destruída” a casca, verás a membrana que o envolve. Esta, permite a entrada do vinagre no interior do ovo e por iso dicimos que o ovo engordou (aumentou de tamaño). O vinagre que entra reacciona coa clara, dándolle unha consistencia gomosa, agora o ovo ten aspecto de pelota saltarina. Ollo que pode romper!