O pasado xoves 13 de xuño foi un día especial para todo o alumnado de 3º e 4º. Tivemos a sorte de facer unha visita guiada á Illa de San Simón. Fixemos unha viaxe en barco pola ría de Vigo, coa ponte de Rande de fondo; coñecimos toda a historia que agocha o illote e incluso tivemos que atopar un tesouro agochado (que finalmente tiña forma de moeda e sabor a chocolate); e xa de volta, para comer, visitamos a Praia do Vao en Vigo, onde probamos a auga e xogamos na area.
Foi un día moi divertido e intenso!
Deixámosvos na galería de imaxes un resumo en fotos de como foi o día.